Monday, April 2, 2007

Crónica e fotos da manifestación polo dereito a vivenda do 24 de marzo en Vigo

O pasado 24 de marzo, participamos na manifestación polo dereito social a vivenda, ao mesmo tempo que en ducias de cidades de todo o estado, celebrouse en Vigo convocada por Precarias en Loita. As duascentas persoas que nos xuntamos partimos a iso das cinco e media da Porta do Sol, cunha pancarta na cabeceira co lema “Contra a especulación, Construamos o dereito á vivenda”.

Durante o percorrido, acompañados dun ggrupo de gaitas e panderetas, berráronse lemas como “Ter un teito é un dereito”, “Casas sen xente, xente sen casas” ou “Contra a especulación, Dereito á vivenda”.

Ao final da manifestación construiuse unha urbanización precaria coas casas e chabolas de cartón que moitos dos participantes levabamos durante o transcurso da manifestación.

 

Texto lido ao final da manifestación:

Hoxe estamos eiquí para deambular polo espazo urbano, para atopalo noso lugar na busca de desexos subversivos de transformación.

Pretendemos urbanizar estas rúas (hoxe privatizadas e invadidas polos automoveis) coas nosas protestas e as únicas vivendas que podemos permitirnos, as máis axeitadas á nosa precariedade.

Traemos con nós as nosas casas de cartón, as nosas chabolas, Plegábeis, fáciles de montar, cómodas de transportar, acoplábleis a calquera superficie e o máis importante decoradas cos motivos da protesta!!!.

En RESUMO, vimos mostrar a solución definitiva, a única que nos deixa o apetito voraz das inmobiliarias e a corrupción desmedida das políticas.

NADA de quedarse ata os corenta anos na casa dos pais, nada de endeudarse con tres hipotecas ou máis durante cincuenta anos, NADA DE durmir nos caixeiros,

O último en alternativas para resistir ao desaloxo e á falta de Vivenda Digna!!!. Son as CHABOLAS PARA TODAS , animámosvos a todas a que montedes unha ao lado das inmobiliarias da vosa rúa, dos bancos, das casas de especuladoras, ou de políticas corruptas.

En definitiva temos que levarlle o noso problema as portas das culpábeis.

A vivenda deixou de ser xa un ben de uso e converteuse nunha simple mercadoría coa que se especula.

O modelo da cidade supedítase aos intereses especulativos inmobiliarios e as diferentes administracións públicas colaboran nisto de forma definitiva, coa escusa de que é o motor do crecemento económico, sen darse de conta de que a burbulla inmobiliaria ademais das graves consecuencias sociais que ten, pode explotar en calquera momento provocando unha gravísima crise económica.

Na nosa cidade as promotoras xa comezan a gañar menos que antes, mentras vivendas novas non atopan quén as compre.

Vigo non só é un bo exemplo da especulación pola súa realidade actual, os proxectos desarrollistas cos que nos ameazan nun futuro próximo son todavía peores, destaca o PXOM polo incremento insustentábel do seu volume, pretenden dobrar o espazo urbano actual a costa dos barrios máis rurais, e pese a que na actualidade hai 20.000 vivendas baleiras, outras 10.000 como segunda residencia e medio millar abandonadas sen máis, pero igualmente os plans de ampliación do Porto ou a furtura chegada do AVE, ademais de destruir o noso entorno de forma irreversíbel, traen aparellados monstruosos plans urbanizadores, tanto de vivendas como de centros comerciais.

Nós rebelámonos contra todo isto e reivindicamos a vivenda como dereito social fundamental. A participación da cidadanía na sociedade só se producirá coa capacidade real de exercer dereitos sociais, coma o da vivenda, o dos desprazamentos, o dos espazos públicos ou o dereito a ter a cidade que necesitamos e desexamos. Para isto debemos impedir as actuais políticas sobre o solo, de forma que non sexa posíbel a especulación e este desenvolvemento insostíbel.

Para conseguilo propoñemos estas medidas:

1. Limitación do prezo dos alugueres e do prezo dos pisos, de modo que non teñamos que pagar en ningún caso máis do 30% da nosa renda polo aluguer ou a hipoteca.

2. Anulación do PXOM en trámite, feito sen participación real da veciñanza e que só atende aos intereses de grandes multinacionais como Citroën ou de capitais especuladores inmobiliarios.
Paralización dos plans de crecemento urbano até que non sexa socialmente necesario a construción de novas vivendas.

3. Reforma de la “Ley de Arrendamientos Urbanos” (LAU) dado que nos opoñemos a: os aumentos ilimitados dos alugueres, a facilidade actual de desafiuzo por impago, etc.

4. Medidas que garantan a efectiva transparencia dos Rexistros da Propiedade, por exemplo, a obriga de informar a todas as partes implicadas na venda dunha leira ou dun piso.

5. A penalización dos inmóbeis baleiros, sen utilizar ou abandonados (mediante o aumento do IBI, a ameaza de expropiación ou a cesión forzosa) e a despenalización da okupación.

6. A prohibición de venda de solo público.

7. A tipificación das prácticas de acoso inmobiliario como vulneración do dereito á vivienda e a súa erradicación.

8. A paralización do Plan do Porto (aterramentos, etc) e a anulación de calquera agresión á ría e á costa.

9. O respecto á diversidade territorial de Vigo.e Protección das zonas rurais fronte ao crecemento urbano descontrolado.

10. Creación de verdadeiros espazos sociais públicos autoxestionados pola propia cidadanía.

Posted by at 23:04:14 | Permalink | No Comments »

Thursday, March 8, 2007

Multas pola protesta da vivenda do 23 D en Vigo

Dúas persoas que foron identificadas durante a manifestación polo Dereito Social á Vivenda do 23 de decembro, recibiron notificación por parte da Subdelegación do Goberno en Pontevedra para que paguen unha sanción de 150 euros cada unha, por alteración da orde pública.

Enviáronselle pregos de descargo, reiterando que non alteramos nada e que as persoas identificadas non eran as convocantes, senón que participaban na protesta igual que o resto das asistentes.

Para ir sacando algúns cartos, durante o concerto que da o grupo “Os Podridos” o 10 de marzo a partir das 21h, no C.S. “A Cova dos Ratos” r/Romil,3 baixo Vigo, sortearase o libro “El tsunami urbanizador español y mundial” de Ramón Fdez. Durán, as rifas valen 1 euro e pódense mercar no citado Centro Social.

 

Posted by at 22:33:48 | Permalink | No Comments »

Wednesday, February 28, 2007

04/03/07: Proxeccións de documentais sobre a vivenda no CS A Formiga

O domingo 4 ás 18.30 h, dentro da campaña “Construindo o dereito a vivenda” de Precarias en Loita, no C.S. A Formiga. vanse proxectar os documentais “A Cidade perdida” e “Un metro cadrado”. O primeiro deles trata sobre o Patrimonio arquitectónico esquecida na cidade de Vigo (Panificadora, a metalúrxica ou a Fábrica de Almacenaxe Santa Clara) e o segundo sobre as dificultades de acceso á vivenda, ás alternativas (okupación, volta ó rural, construcción ecolóxica, etc) e as protestas cidadás.

¿Como chegar ó CS A FORMIGA?

1. En autobús Redondela-Vigo, na parada da Formiga

2. En coche, en direccuión Redondela-Vigo, última subida á esquerda antes de chegar á entrada do Colexio Vigo.

Posted by at 23:52:20 | Permalink | No Comments »

Monday, January 22, 2007

Roteiro polo dereito á vivenda

O pasado sábado 20 de xaneiro, baixo o lema de ” Xente sen casas, casas sen xente” tivo lugar un roteiro reivindicativo pola vila. O medio cento de persoas que percorreron as rúas portaban placas co lema “en proceso de especulación” que se foron colocando nunha veintena de edificacións abandonadas, baleiras e en ruínas das moitas que marcaban o percorrido.

O roteiro tomou como punto de partida as “casas dos mestres”, edificación dos anos sesenta que durante tres décadas serviu de aloxamento para os mestres. Dende o seu abandono o edificio comezou un acelerado proceso de deterioro sen que se lle intentase atopar ningún uso, a pesar as múltiples propostas de colectivos veciñais de diverso tipo. Agora, ante as mobilizacións polo dereito a vivenda que están a surxir por todo o estado, o BNG presentou o proxecto da firma dun convenio coa Consellería de Vivenda e Solo para que as vivendas se destiñen a colectivos desfavorecidos. Á marxe do que isto podería supor en canto a construcción dun gueto, resulta palpábel que, unha vez máis, os políticos pretenden sacar tallada dos movementos de cara a nova cita electoral, sen decatarse que andan varios pasos por detrás. De todos xeitos, á vista do estado das edificacións o único que parece é que a única pretensión é a de que o edificio de derrumbe para construir un novo no seu lugar, con “beneficios para todos”.

No acto denunciose o feito de que mentres cada día é máis difícil acceder a unha vivenda (as familias adican máis dun 67% dos seur recursos ó pago da vivenda e o endebedamento dispárase cada ano coa subidas das hipotecas, que na actualidade prolónganse até os 50 anos ou máis), moitas das vivendas do casco vello están abandonadas, case todas en grave proceso de deterioro (son só unha pequena parte das 2.064 vivendas baleiras en Redondela segundo os datos do IGE referentes o ano 2001).

Do abandono do caso antigo da vila a favor das novas edificacións, fontes de enormes beneficios económicos para constructores, promotores e especuladores, é bo cómplice o propio Concello. O estado de abandono que presentan estas rúas do Casco Vello, así como os das parroquias, é espeluznante. A dez metros do centro da vila, as rúas apenas si teñen ilumiunación polas noites e en moitas delas o piso atópase nun estado lamentábel (cando non é directamente de cemento). A ausencia de mobiliario urbano é total, os poucos bancos existentes datan dos setenta e as silveiras invaden xardíns e zonas verdes.

Un dos principais dagnificados do abandono do Casco Vello é o noso patrimonio histórico-artístico. Boa mostra son os canastros da Picota ou o cemiterio municipal dos Eidos, sobre os que recae unha amenaza constante de utilización urbanística, agora aprazada por mor das vindeiras eleccións. Por desgracia, non corre distinta sorte o noso patrimonio urbanístico, que, sen ser valorado, está a desaparecer froito da especulación urbanística.

 La Voz de Galicia + vigometropolitano.com + telexornal da TVG

 

 

 

 


Posted by at 13:29:10 | Permalink | Comments (1) »

Tuesday, January 16, 2007

20/01/07: Roteiro polo dereito á vivenda

SÁBADO 20/01/07 - 17:30h
(CASAS DOS MESTRES)

Este sábado 20 de xaneiro, como xa comentamos hai uns días noutra iniciativa da campaña ‘Construamos o dereito á vivenda’ , e co lema “Xente sen casas, casas sen Xente”, realizaremos un roteiro polas rúas da vila. Con este acto pretendemos unha maior sensibilización e integración do pobo acerca do grave problema existente, tanto a nivel nacional, coma local.

É perceptible que cada día que pasa o citado problema ó que nos enfrontamos non semella ter unha solución inmediata, mentres continúan os abusos por parte das constructoras e inmobiliarias, o ABSOLUTO pasotismo da nosa clase política (algún tipo de interese oculto?), o acomodamento da sociedade a que nos pisen un dos nosos fundamentais dereitos coma cidadáns: o dereito á vivenda, …

Cremos, na nosa intencionalidade de involucrar ós cidadáns, que nada mellor que observar en primeira persoa o nefasto estado no que se atopa a zona vella da nosa vila (vivendas abandonadas, en ruinas, con “ampliacións” das casas dificilmente comprensibles), e o ilóxico crecemento dunha nova cultura: a do ladrillazo (construir en calquera lugar, de calquera xeito, e sen importar a practicidade dos accesos, o aproveitamento de zonas verdes, a viabilidade de prazas de aparcamento,…).

Comezaremos nas casas dos mestres (un dos puntos de abandono máis denunciables, e que casualmente, nesta época pre-electoral, parece que “xa” ten unha finalidade e solución), e no percorrido polas rúas deterémonos nas zonas especialmente conflictivas, que coma un se pode imaxinar, non son poucas.

[[Escoita a entrevista a OAR en Radio Redondela]]

Este acto pertence á campaña “Construamos o dereito á vivenda” de Precari@s en loita

Posted by at 19:51:54 | Permalink | Comments (2)

Sunday, January 7, 2007

XENTE SEN CASAS - CASAS SEN XENTE. Roteiro polo dereito a vivenda

O vindeiro día 20 de xaneiro percorreremos as rúas da vila, marcando algúns dos moitos puntos significativos relacionados coa problemática da vivenda existentes no pobo (vivendas e edificios abandoados e a piques do derrubamento, víctmas da especulación urbanística e o desmantelamento do casco antigo; edificios de nova construcción, froito do ladrillazo, etc.). O punto de partida será as casas dos mestres ás 17.30h

Posted by at 12:18:01 | Permalink | No Comments »

Thursday, December 21, 2006

Sábado 23/12/06: Macro-Manifestación pola VIVENDA DIGNA

O sábado 23 convocouse unha macro-manifestación a nivel nacional polo dereito á vivenda. A convocatoria en Vigo era na Poprta do Sol ás 17 h e alí xuntouse un centenar de persoas que, despois de cortar o tráfico marchou, ocupando un par de carriles polas rúas Policarpo Sanz, Colón e Príncipe para voltar ao punto de partida. Alí improvisouse unha asemblea na que se decidiu tentar facer unha asemblea local permanente polo dereito á vivenda, para o que se quedou o sábado que ven día 30 ás 17h no Parque Camilo José Cela da rúa Pí y Margall.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Acto incluído na campaña “Construamos o dereito á vivenda” de Precarias en Loita.

+ info: Indymedia-Galiza e Vdevivienda

Máis fotos da manifestación:

Posted by at 18:05:17 | Permalink | No Comments »

Thursday, December 7, 2006

VIVINDO EN 30 m2

O 6 de nadal, ante a imposibilidade de acceder a unha vivenda, un grupo de persoas decidiron exercer o seu dereito constitucional (¿que mellor día?) pola vía do “do it yourself”. E sen máis buscaron un lugar no que levantar a súa vivenda. ¿E que mellor sitio que o centro do pobo? Se se recalifican todo tipo de terreos, ¿por que non recalificar tamén a praza da Constitución? ¿Por que van poder especular uns si e outros non? Se o espazo público está ocupado a maior parte do ano polas terrazas… ¿por que non o poderá ocupar tamén esta xente para vivir?

E así, a iso das 12, empezaron a levantar as paredes dun mini-piso de 30 m2. Poderon optar por vivir en contenedores como propuxo a Xunta, pero desta escolleron a porposta da ministra. E, pouco a pouco, foron enchendo a casa de cousas… E a cada momento recibían máis visitas… ¡incluso chegaron dous tíos de amarelo e azulón pedindo firmas para non sei que!

E chegaron a ter sofás, e tele, e retrete, e cociha, e dúas camas (unha delas empotrada, que se non non collía dentro), e cociña, e neveira, e árbore de nadal, e mesa comedor…

E chamaron aos das pizzas para cear.

E choveu. E o teito aguantou.

E non será porque non haxa casas baleiras en Redondela. Alguén que pasaba comentou que segundo o instituto galego de estatística o 18% das vivendas do Concello de Redondela estaban baleiras, e que aí non contaban nin as segundas vivendas, nin as terceiras, nin nada. Que eran so as baleiras.

Que era unha vergoña como estaba o casco antigo da Vila. Que non tiña nin luz polas noites. Que a metade das casas están en ruínas e que hai zonas nas que xa non vive ninguén.

E unha rapaza comentou que por un piso como aquel pedíranlle o outro día trinta e tantos millóns. E que mesmo o mercaba, que prefería pagar a hipoteca aos 450 € de aluguer. Que en pagar o piso íaselle a metade do soldo.

E ao día seguinte saíron no Faro de Vigo

A acción pertence a campaña “Construamos o dereito á vivenda” de Precarias en Loita.

 

 


 

IMAXES:


As seguintes imaxes, que se corresponden cos primeiros momentos da acción, mentres a vivenda aínda atopábase en cosntrucción, foron cedidas polos amigos de indiredo.com. Moitas gracias.


Posted by at 11:16:57 | Permalink | Comments (4)

Thursday, November 23, 2006

Acto: Construindo o DEREITO Á VIVENDA

O pasado sábado 18/11/06 o acto previsto “Construamos o DEREITO Á VIVENDA” foi aprazado, debido a imposibilidades meteorolóxicas axenas a OAR.

Sen embargo comezamos unha campanha para informar á poboación de un dos problemas máis graves ós que se enfrenta a nosa sociedade, que resumimos nos seguintes puntos:

- Redondela encabeza a listaxe das localidades galegas con maiores prezos da vivenda tras as sete cidades.

- Nos últimos cinco anos, o prezo dos chamados “minipisos” (30 m2) chegou a medrar ata nun 300%.

- Na actualidade apenas existe diferencia en canto ó prezo da vivenda coa cidade de Vigo (o que é máis considerando que Vigo atópase entre as dez cidades coa vivenda máis cara do Estado)

- Redondela, 2.001: Das 11.605 vivendas existentes, 2.064 están baleiras (18%).

- É esencial invertir o proceso de desertización e abandono que está a sufrir o Casco Vello , con numerosas edificacións deshabitadas e a piques do derrubamento.

- As familias adican máis dun 67% dos seus recursos ó pago da vivenda e o endebedamento dispárase ano a ano coa suba das hipotecas, que hoxe en día prolónganse até os 50 anos ou máis.

Posted by at 00:41:25 | Permalink | No Comments »

Friday, November 17, 2006

Construamos o DEREITO Á VIVENDA

O sábado 18 de novembro, e se o tempo non no-lo impide, celebrarase o acto “Construamos o DEREITO á VIVENDA e loitemos contra o ladrillazo” (Praza da Constitución), paralela ó acto tamén realizado pola asamblea “precarias en loita” (Vigo).

****APRAZADO********APRAZADO********APRAZADO********

+ info sobre o acto:

Noticieiro Indymedia

POLO DEREITO SOCIAL Á VIVENDA E CONTRA A ESPECULACIÓN


A vivenda deixou de ser xa un ben de uso e converteuse nunha simple mercadoría de luxo e nun valor da especulación.

O modelo da cidade supedítase aos intereses especulativos inmobiliarios e as diferentes administracións públicas colaboran nisto de forma definitiva, coa escusa de que é o motor do crecemento económico, sen darse de conta de que esta chamada burbulla ademais das graves consecuencias sociais que ten, pode explotar en calquera momento provocando unha gravísima crise económica. Proba disto é que na nosa cidade este mercado xa comeza a ralentizarse.

Redondela, que encabeza a listaxe das localidades galegas con maiores prezos da vivenda tras as sete cidades, é un bo exemplo disto, tanto pola súa realidade actual como polos proxectos de futuro. Segundo os dados do Instituto Galego de Estatística (www.ige.eu) no 2001 das 11.605 vivendas que había en Redondela 2.064 estaban baleiras. E dende entón o ritmo constructivo non fixo máis que crecer…

Mostra da especulación criminal que temos que soportar no noso territorio, é que a pesar de ser Galiza a 4ª comunidade cos salarios máis baixos, en Redondela o prezo da vivenda duplicouse nos últimos cinco anos, e no caso dos chamados “minipisos” (30 m2) chegou a crecer ata nun 300%, o que fixo que na actualidade apenas exista diferencia en canto ao prezo da vivenda coa cidade de Vigo (o que é máis considerando que Vigo atópase entre as dez cidades coa vivenda más cara do estado).

Esta situación forma parte do que poderiamos chamar “precariedade social”, un factor fundamental no sistema produtivo actual fundado en que aceptemos condicións laborais cada vez peores ante o risco real da exclusión social e a inseguridade respecto as nosas necesidades vitais (as familias dedican máis dun 67% dos seus recursos ao pago da vivenda e o endebedamento dispárase ano a ano coa suba das hipotecas que hoxe en día se prolongan até os 50 anos ou máis).

Igualmente os alugueres son unha forma de perpetuar a precariedade. Pagamos moi por riba do seu valor real, nalgúns casos infravivendas, e as leis actuais penalizan e dificultan que compartamos piso (en moitas ocasións é a única opción de emanciparse que ten a xente nova).

A vila camiña cara a súa privatización total. As rúas e prazas pasan a ser espazos privados xestionados con impunidade polos comercios e cafeterías mentres se ignora a súa función de espazo de socialización. Os recursos, os terreos ou as infraestructuras non se destinan nin se planifican para que a cidadanía teña una maior calidade de vida, senón en función de intereses especulativos de constructores, promotores e inmobiliarias. E todo elo impregnado dun estraño gusto estético, delirio senil de grandeza.

Os espazos naturais son destruídos e substituídos por infraestructuras de comunicación (autoestrada) que non responden a outra necesidade máis que facilitarnos a chegada aos Centros Comerciais. (Vigo vai camiño de ser a cidade galega con máis grandes superficies). Estes Centros acaban co pequeno comercio, fúndanse nun sistema laboral hiperprecarizado e colaboran definitivamente na insostibilidade da cidade ao forzarnos a máis desprazamentos (fundamentalmente en coche) para mercar lonxe do noso entorno. (no comercio local é máis doado que se dea un consumo de ciclo curto, isto é, consumir produtos da zona, co que o gasto enerxético do transporte é menor).

Na resistencia a esta situación sería esencial a inversión do proceso de desertización e abandono, con numerosas edificacións deshabitadas e a piques do derrubamento, que está a sufrir o Casco Vello.

Nós, rebelámonos contra todo isto e reivindicamos a vivenda como dereito social fundamental. A participación da cidadanía na sociedade só se producirá coa capacidade real de exercer dereitos sociais, coma o da vivenda, o dos desprazamentos, o dos espazos públicos ou o dereito a ter o pobo que necesitamos e desexamos. Para isto debemos impedir as actuais políticas sobre o solo, de forma que non sexa posíbel a especulación e este desenvolvemento insostíbel.

Para conseguilo propoñemos estas medidas:

1. Limitación do prezo dos alugueres e do prezo dos pisos, de modo que non teñamos que pagar en ningún caso máis do 30% da nosa renda polo aluguer ou a hipoteca. Esiximos que se garanta o dereito á vivenda tamén das persoas con poucos recursos e que o prezo dos seus alugueres ou da hipoteca non supere nunca o 20% dos ingresos dispoñíbeis (Isto xa seaplica nalgúns casos de pisos de protección en Catalunya ou Euskadi).

2. Anulación do PXOM en trámite, feito sen participación real da veciñanza e que só atende aos intereses de de capitais especuladores inmobiliarios e grandes empresas como Pescanova. Paralización dos plans de crecemento urbano até que non sexa socialmente necesaria a construción de novas vivendas. Que toda reforma urbanística sexa precedida de estudos de impacto social e medioambiental, así como da participación directa das veciñas en calquera decisión que afecte ao seu entorno vital. O control urbanístico dos terreos afectados por lumes forestais e daqueles adquiridos nos últimos anos.

3. Reforma de la “Ley de Arrendamientos Urbanos” (LAU) dado que nos opoñemos a: os aumentos ilimitados dos alugueres, a facilidade actual de desafiuzo por impago (o chamado “desafiuzo exprés”, dous meses sen pagar e bótante), a limitación da duración dos contratos a 5 anos, os abusos que sofren as persoas migrantes, con ou sen papeis.

4. Medidas que garantan a efectiva transparencia dos Rexistros da Propiedade, por exemplo, a obriga de informar a todas as partes implicadas na venda dunha leira ou dun piso.

5. A penalización dos inmóbeis baleiros, sen utilizar ou abandonados (mediante o aumento do IBI, a ameaza de expropiación ou a cesión forzosa) e a despenalización da ocupación.

6. A prohibición de venda de solo público.

7. A tipificación das prácticas de acoso inmobiliario (mobbing, por exemplo as obras que impiden o fácil acceso ás moradoras, os cortes de luz, auga, etc. Para conseguir botar ás inquilinas) como vulneración do dereito á vivienda e a súa erradicación.

8. A paralización do Plan Especial do Porto e a anulación de calquera agresión á ría (aterramentos, recheos, etc).

9. O respecto á diversidade territorial. Protección das zonas rurais fronte ao crecemento urbano descontrolado.

10. Creación de verdadeiros espazos sociais públicos autogestionados pola propia cidadanía.

Posted by at 09:07:05 | Permalink | Comments (1) »