Wednesday, March 5, 2008

07/03/08: Coloquio sobre Violencia de Xénero

O vindeiro venres, 7 de marzal, entre as 19 e as 21h, terá lugar no Multiusos de Chapela “Piñeiral do crego” unha charla coloquio sobre a VIOLENCIA DE XÉNERO, organizada pola Asociación de Vecinh*s de Chapela.
Ao acto acudirá como relatora Rosa Fontaíña Pazos, Coordinadora portavol da rede Veciñal Contra os Malos Tratos de Vigo.

A Violencia Doméstica é unha lacra social e mundial, e non hai que esquecer que supón unha das caras máis dorosas da discriminación.

NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO!!!

Posted by in 11:58:18 | Permalink | No Comments »

Thursday, September 21, 2006

MALOS TRATOS EN REDONDELA

A Rede Fiminista contra os malos tratos, convoca a tódol*s veciñ*s de Redondela a participar nunha concentración de repulsa cara os malos tratos sufridos por unha moza deste pobo. (Para os que non estedes informados podedes consultar o Diario de Pontevedra do pasado 19 de Setembro, páxina 10).

A concentración será o 22 de Setembro, Venres, ás 20:30 diante da casa do Concello.

Dende O.A.R. esperamos que poida acudir o maior número de xente, e así, poder mostrar o noso apoio a esta e a tódalas mulleres víctimas de malos tratos.

 

Posted by in 10:44:03 | Permalink | Comments (1) »