Wednesday, November 7, 2007

Concentración en apoio aos trabalhadores de URBASER

Dende hai dez días, os trabalhadores de Urbaser (concesionaria da recolhida do lixo en Redondela) están mantendo unha folga para esixir unhas dignas condicións laborais.

Pasados os primeiros días, a decisión da empresa Urbaser é a de despedir a 9 dos 11 trabalhadores, simplemente polo feito de exercer o seu dereito á folga, eliminando calquera posibilidade de achegamento sindical-empresarial.


Dende o martes día 6 estanse a manter reunións a tres bandas (representante sindical, empresa e delegación de trabalho), sen obter sequera a primeira das premisas solicitadas nestes intres polos trabalhadores: a readmisión dos companheiros despedidos.

Lonxe de solucionarse o problema, parece que cada día que pasa a situación se agrava, e a posibilidade de entendemento polas partes implicadas se vai esvaecendo.

Asímesmo, tamén é decepcionante a actuación do Concelho no tema: en ningún momento se dignaron a mediar no conflicto entre ámbalas partes. Hai que lembrar, que este mesmo Concelho (cos mesmos dirixentes), foi o que firmou, uns meses antes das eleccións municipais, a renovación da concesión a Urbaser por 20 ANOS!!!.



Por todo isto, agradeceríamos o maior apoio posible aos companheiros en folga, para tentar presionar o máximo posible tanto á empresa Urbaser coma ao Concelho de Redondela, polo que ….



dende OAR convocamos ás vecinhas e vecinhos de Redondela a asistir ás concentracións que terán lugar TÓDOLOS DÍAS ata que os trabalhadores despedidos sexan readmitidos e as súas xustas reivindicacións atendidas, ás 20h, nas portas do Concelho de Redondela.
Posted by at 22:38:31 | Permalink | Comments (7)

Friday, June 15, 2007

¿quen representa a quen?

Dende o final da dictadura non se lembra en Redondela unha corporación municipal con menor respaldo por parte da cidadanía. Os resultados das últimas eleccións municipais resultan esclarecedores. Todas as candidaturas concurrentes empeoraron os seus resultados con respeto ós anteriores comicios e o goberno municipal que hoxe se constitué apenas si está refrendado por unha de cada catro vecinhas do concelho. A crise de lexitimidade democrática coa que nace e, pois, evidente.

Despois da experiencia vivida durante os últimos anos, cun goberno para chorar e unha oposición para rir, non había máis opción que a abstención ou o voto nulo. A inmensa maioría das vecinhas así o entendimos.

Os partidos políticos, absolutamente carentes de calquer vestixo democrático e convertidos en máquinas dictatoriais, mostráronse outra vez alleos ó pensamento da cidadanía. Lonxe de levar a cabo a renovación que lles esixía a berros dende ás rúas, volveron a presentar as mesmas candidaturas de sempre: os que xa levan trinta anos gobernando e que, podres e senís, xa non sabén que facer más que beirarúas de alto standing, e os que levan media vida desvancalos sen éxito.

Polo tanto, e dado o desastroso resultado obtido por tódolos candidatos, esiximos a dimisión de todos os concelheiros, xa que consideramos que non tenhen o respaldo necesario por parte da poboación como para ser considerado un goberno democrático.

 

¡¡NON NOS REPRESENTAN!!

 

 

 

Posted by at 15:48:48 | Permalink | Comments (2)

Saturday, May 12, 2007

Hoxe, 22 anos despois…

No Faro de Vigo 6 de xuño de 1985, nun especial adicado ás festas da Coca, apareceu unha entrevista a un xoven alcalde de Redondela. Nela confesaba que eran catro os problemas que lle preocupaban: o polígono industrial, o paseo marítimo, a nova variante e o vertedeiro. Hoxe, 22 anos despois…

  • O paseo marítimo segue sen rematar
  • Cambiouse unha variante por unha autovía, pero agora xa non lle preocupa
  • O asunto do vertedeiro estase a punto de solucionar cunha concesión millonaroa a Urbaser

Nas municipais….

VOTA NULO

Posted by at 16:11:18 | Permalink | Comments (16)