Teléfonos Móbiles. Máis aló da reciclaxe
Hoxe en día os residuos que xeramos nas nosas casas son cada vez máis perigosos. A mezcla dos mesmos e o deposito en lugares inaxeitados, dificultan a súa recliclaxe e recuperación, e supoñen unha ameaza contra o medio ambiente e polo tanto contra tódolos seres vivos (flora, fauna, ser humán) que nel habitan. En Galicia, os servizos de recollida selectiva ainda non están plenamente desenrolados, nin chegan a todas partes (concellos, vilas, parroquias), maís, poñendo un pouco de vontade e interese, se cadra, tomando algunha moléstia (dende un punto de vista práctico), ou sendo responsables do destino final dos nosos propios residuos que xeramos, existen iniciativas que poden axudarnos a darlle unha saida responsabel e sostibel.
Estes días se visitades as oficinas de correos das vosas localidades teredes a oportunidade de coñecer unha iniciativa práctica para a reutilización e reciclaxe deses teléfonos móbiles que xa non usades e tedes gardados nun caixón (nunca o tires ó lixo, por favor).
Pero tamén podedes doalo e participar na iniciativa que organiza a Cruz Vermella e a Fundación Entreculturas. Só tes que acercarte a túa oficiña de Correos e recoller unha bolsa especial prefranqueada, na que se introduce o mobil vello (só o mobil) e logo Correos entrega a estas organizacións. Os mobiles que reciben, se teñen utilidade, preparanse e vendense no mercado da segunda man e, se non se poden empregar, reciclanse tódolos seus compoñentes, evitando vertidos ó medio ambiente. Cos beneficios obtidos financianse proxectos humanitarios e de sensabilización ambiental, destas dúas organizacións.
Esta inicitaiva ten presencia nas oficiñas de Correos de Vigo, Redondela, Chapela, Soutomaior, Ponte Caldelas, Cangas, Moaña, Bueu, Marín, Nigrán, Tomiño, Tui, A Garda, Cuntis, A Estrada, etc (podes consultar máis lugares de recollida consultando www.donatumovil.org, clicando na sección de “Colaboradores” e logo, sobre a imaxe coorporativa de Correos).
Existen outras inicitivas de recollida e recuperación de teléfonos mobiles, e outros pequenos residuos, que noutra ocasión estaremos encatados de informarte. Esperamos que esta información fora do teu interese, e servira para que entre todos logremos un medio ambiente máis limpo e san.