Wednesday, November 7, 2007

Concentración en apoio aos trabalhadores de URBASER

Dende hai dez días, os trabalhadores de Urbaser (concesionaria da recolhida do lixo en Redondela) están mantendo unha folga para esixir unhas dignas condicións laborais.

Pasados os primeiros días, a decisión da empresa Urbaser é a de despedir a 9 dos 11 trabalhadores, simplemente polo feito de exercer o seu dereito á folga, eliminando calquera posibilidade de achegamento sindical-empresarial.


Dende o martes día 6 estanse a manter reunións a tres bandas (representante sindical, empresa e delegación de trabalho), sen obter sequera a primeira das premisas solicitadas nestes intres polos trabalhadores: a readmisión dos companheiros despedidos.

Lonxe de solucionarse o problema, parece que cada día que pasa a situación se agrava, e a posibilidade de entendemento polas partes implicadas se vai esvaecendo.

Asímesmo, tamén é decepcionante a actuación do Concelho no tema: en ningún momento se dignaron a mediar no conflicto entre ámbalas partes. Hai que lembrar, que este mesmo Concelho (cos mesmos dirixentes), foi o que firmou, uns meses antes das eleccións municipais, a renovación da concesión a Urbaser por 20 ANOS!!!.



Por todo isto, agradeceríamos o maior apoio posible aos companheiros en folga, para tentar presionar o máximo posible tanto á empresa Urbaser coma ao Concelho de Redondela, polo que ….



dende OAR convocamos ás vecinhas e vecinhos de Redondela a asistir ás concentracións que terán lugar TÓDOLOS DÍAS ata que os trabalhadores despedidos sexan readmitidos e as súas xustas reivindicacións atendidas, ás 20h, nas portas do Concelho de Redondela.
Posted by at 22:38:31 | Permalink | Comments (7)

Friday, April 27, 2007

29 de Abril: Documentais sobre precariedade

O vindeiro domingo 29 de abril, antre a proximidade da celebración do 1º de maio, proxectaranse nos soportais do Concelho de Redondela ás 19 h unha serie de curtametraxes que abordan o tema da precariedade dende distintas ópticas e o surximento de loitas sociais en distintos lugares do mundo. O acto non conta coa colaboración do Concelho, quen rexeitou a petición dunha toma de corrente eléctrica.

Posted by at 09:48:16 | Permalink | No Comments »

Thursday, February 8, 2007

Nova víctima da precariedade laboral

Este mércores asistimos unha vez máis ao falecemento dun traballador e tres compañeiros feridos, víctimas do terrorismo patronal e do sistema esclavista laboral que a clase traballadora sofre neste mundo globalizado.

Trátase dun mariñeiro indonesio falecido no porto de Marín, mentres se adicaba (xunco cos outros tres companheiros feridos) ás tarefas de limpeza dun tanque. Neste lugar, os bombeiros atopáronse con unha situación extrema de acceso, debido ás limitacións de espazo, así coma ó nauseabundo cheiro que emanaba, polo que incluso este servizo de rescate tivo que xogar a súa vida para rescatar ós accidentados (tiveron que entrar no tanque sen equipos de respiración autónoma).

Ao mesmo tempo que se producía a morte deste compañeiro obreiro, asistimos tamén coma os partidos políticos e as institucións daban o seu pésame público á familia ortiz e á familia real (polo grado de afinidade que lle toca), polo suposto suicidio da menor das irmáns, Erika.

Ningún membro político fixo referencia aos nosos compañeiros feridos e ao finado, mostrando unha vez máis a impasividade que estos individuos mostran pola nosa clase traballadora día a día.

Dende OAR, dámoslle o noso pésame aos familiares do mariñeiro falecido e esperamos a pronta recuperación dos tres feridos, e denunciamos públicamente os continuos accidentes laborais que se producen no noso país, froito dunha extrema situación de precariedade laboral.

Posted by at 00:46:45 | Permalink | No Comments »