Monday, November 27, 2006

Acto: Inmigracion en primeira persoa

O acto do pasado sábado 25/11/06 comezou sobre as sete da tarde, cun pequeno retraso debido a imprevistos de última hora. Na mesa atopábanse os convidados: Asta (de Lituania), Didier (de Colombia), Wallace (de Ghana) e Touria (de Marrocos); acompanhados na mesa por un membro de OAR.

Unha vez presentados, os convidados comezaron a contar, unha a unha, as súas experiencias: os motivos polos que deixaron atrás seu país para instalarse en Vigo, os cambios (sociais, persoais, culturais, dialectais,…) cós que se encontraron unha vez establecidos no noso país, as experiencias persoais vividas dende entón, as situacións laborais nas que se atopaban, e nas que están agora, o futuro que agardan, …

 

Finalmente, unha vez rematada a exposición, comezou o turno das preguntas, que foron moitas e variadas, e que conseguiron que o acto rematase para os convidados algo máis relaxado, xa que en primeira persoa puideron observar as inquedanzas dos asistentes.

Dende OAR queremos agradecer, en primeiro lugar, a participación de Asta, Didier, Wallace e Touria, quenes son os verdadeiros protagonistas. Tamén especiais agradecementos á CITE pola súa estreita colaboración, e a tódolos asistentes.

Máis info en:

FARO DE VIGO

INDIREDO

 

Posted by at 08:58:04 | Permalink | No Comments »

Thursday, November 23, 2006

Inmigración en primeira persoa

“Inmigración en primeira persoa”

Sábado 25/11/06 ás 18:30h

na Casa da Torre (Redondela)

 

O vindeiro sábado 25/11/06 celebraremos o acto “Inmigración en primeira persoa“: trátase dunha mesa aberta para dar a coñecer as distintas situacións nas que se atopaban os inmigrantes no seu país, de que xeito veñen e o que se esperan topar nos países de destino. O acto consistirá no relato en primeira persoa das experiencias de emigrantes de diversos países : Lituania, Colombia, Marrocos e Ghana.

Este acto celebrámolo conxuntamente  OAR e a CITE.

Agardamos contar coa vosa presenza.

Posted by at 12:27:14 | Permalink | Comments (3)

Monday, October 9, 2006

Ningunha persoa é ilegal

O sábado 7 de outubro celebrouse o día transnacional copntra o control das migracións. Dende Londres a Atenas, de Nouakchott a Barcelona celebráronse accións simultáneas. En Redondela celebrouse un acto que consistiu nunha concentración na quue se xuntaron unha treintena de persoas seguida dunha proxección de curtos sobre migracións debaixo dos soportais do Concello. Aí van as fotos das accións…

+ fotos aquí 

Nós non cruzamos as fronteiras, ¡¡¡as fronteiras crúzannos a nós!!!

 

Posted by at 23:16:01 | Permalink | Comments (2)