Thursday, April 24, 2008

25-04-08 MANIFESTACIÓN: Non á autorización ambiental a Ence-Elnosa

OAR convida á Manifestación que se levará a cabo o vindeiro venres 25 de abril, ás 20:30hs (Praza da Ferrería - Pontevedra), en contra da autorización ambiental a Ence-Elnosa.

Toda a información, na páxina da Asociación pola defensa da Ría (APDR)

Posted by at 10:45:29 | Permalink | No Comments »

Friday, February 8, 2008

17/02/08: GALIZA NON S€ VENDE

ESPECIAL: AUTOBUSES (HORARIOS E CONTACTO)

MANIFESTO:


A nosa vida non se entende sen o territorio: sobre el temos a nosa vivenda, por el nos desprazamos, del tiramos alimento e enerxía, nel deitamos os nosos residuos, traballamos, pasamos o noso tempo de lecer… e facémolo desde hai séculos, nel está a nosa historia. O territorio que habitamos conta con paisaxes fermosas ou singulares e alberga, ademais, moitas outras formas de vida, acubilla biodiversidade. O territorio condiciona as nosas vidas, mais tamén temos unha cada vez maior capacidade de modificalo. Combinando desleixo e unha estrema ambición depredadora, levamos décadas destruíndoo e xustificámonos argumentando que é para xerar emprego, para nos desenvolver, para vivir mellor… Este uso insustentábel do territorio está destruír a paisaxe e o noso patrimonio cultural, está a empobrecer a biodiversidade, está a empeorar a nosa calidade de vida e a hipotecar a das xeracións futuras, para, como moito, enriquecer a unha minoría. Galiza perde poboación ao tempo que estende o seu solo artificializado. Urbanismo caótico, infraestruturas de transporte irracionais, piscifactorías, campos de golf, portos deportivos, encoros, parques eólicos indiscriminados, paseos marítimos e fluviais ríxidos, recheos, monocultivos de especies exóticas e invasoras, nulo respecto polas figuras de protección ambiental e os espazos naturais protexidos… teñen unha cousa en común: a inexistencia dun ordenamento territorial ecoloxicamente sustentábel e socialmente xusto. Estamos a atinxir un elevado nível de destrución do territorio, mais aínda temos capacidade para reaxir. Aínda é posíbel deseñar e desenvolver unha política de ordenamento territorial guiada pola sustentabilidade ecolóxica e a xustiza social: que respeite a paisaxe e o patrimonio, que nos permita convivir cunha rica biodiversidade, que mellore a nosa cualidade de vida sen hipotecar a das xeracións futuras. Sabemos que a xeración de emprego de cualidade, o aceso a unha vivenda digna e o gozo do noso tempo de lecer non é incompatíbel coa sustentabilidade, senón todo o contrario, e por iso demandamos un inmediato cambio de rumbo. Somos cada vez máis as organizacións e persoas que demandamos este cambio e traballamos por el desde diferentes ámbitos. Porque o mundo non está á venda e Galiza tampouco. Porque as persoas e o ambiente deben estar por riba do lucro. Porque é imprescindíbel deseñar e implementar xa un ordenamento territorial baseado na sustentabilidade ecolóxica e a xustiza social. Porque para isto é necesaria unha cidadanía forte e autoorganizada que sensibilice, presione e achegue alternativas. Terra viva e vida digna para tod@s!

LINK: GALIZA NON SE VENDE!!!!

Posted by at 19:26:02 | Permalink | Comments (2)

Saturday, October 20, 2007

LIXO NA FEIRA

Tódolos días 6 e 21 de cada mes celébrase en Redondela o tradicional mercado da feira no que a venda de distintos productos téxtiles, alimentarios, de menaxe do fogar, prantas, apeiros de labranza, etc. , favorece a economía local e sirve de pulo ao pequeno comercio local. Mais desgraciadamente tamén provocan o efecto negativo, e evitabel, de crear problemas de limpeza, polo exceso lixo xerado polo incívico costume de cidadáns e vendedores ambulantes de tirar o chan ou non recolher o lixo propio da actividade comercial. O problema xurde, cando debido ao vento, o lixo trasladase non so as rúas colindantes, se non tamén ó río Alvedosa, que o transporta ata a enseada de San Simón.

 

Como cidadáns creemos que o problema ten unha doada solución, e pasaría pola posta de interés da administración local, a participación cidadana e gustaríanos poder contar coa colaboración por parte dos vendedores ambulantes para evitar esta desfeita quincenal, así coma esixir ao Concello de Redondela aumentar os medios posibles para a recollida do lixo nos lugares de feiras e outros eventos de asistencia maxiva: campañas de concienciación, bolsas de plástico, contenedores, papeleiras, etc.

E non queremos esquecer en ningún momento que,

  1. Tal e como figura no Regulamento Municipal Regulador da Venda Ambulante no Concelho de Redondela, publicado no BOP nº 50 do 14 de marzo de 2005, no seu punto 2 indica que “Para o exercicio da venda ambulante será indispensabel dispoñer da autorización para a instalación e utilización dos postos para a finalidade que se lles asigne e cos límites e contidos que se fixen na mesma e neste Regulamento.

  2. Ademáis, neste mesmo número do BOP, no seu Artigo 15, e no seu apartado c, indícase claramente que a obriga dos titulares das autorizacións, será a de “Manter as instalacións, postos e demáis elementos de venda nas debidas condicións de seguridade, hixiene, conservación e limpeza. Ao remate da xornada comercial deberán recoller todos os desperdicios e embalaxes, debidamente atados e depositados nos contenedores para facilitar a ulterior tarefa de recollida de lixo.”

  3. Asímesmo no Artigo 17 se califica como falta leve, entre outras máis, “a falta de limpeza das instalacións e a zona circundante inmediata á mesma”, e “Non deixar recollido o lugar onde estivo instalado”. como falta leve, a sanción pode estar entre os 30 e os 750€. A reiteración por dúas veces no periodo de tres meses, considerase falta grave e pode supoñer sancións de 1.501 a 3.000€, ou a retirada da autorización municipal.

Fomentemos o civismo: coa xeración de lixo intencionadamente estamos convertendo, cada día máis, a nosa vila nunha esterqueira.


Posted by at 19:08:40 | Permalink | No Comments »

Sunday, September 9, 2007

Proxección de Earthlings

Equanimal está tratando de dar a máxima difusión ao documental Earthlings. Ao longo de todo o estado estanse facendo proxeccións.

A próxima será en Redondela no Multiusos da Xunqueira o Sábado 15 de setembro ás 20:30 horas.

Earthlings, documental gañador de varios premios, está subtitulado ó castelán pola Fundación Equanimal. Describe dun xeito realista e intelixente as situacións ás que se ven sometidos os animais como consecuencia do noso modo de vida e da nosa relación con eles. A súa vez, dun xeito directo, plantexa un paralelismo entre outras formas de dominación existentes, sexismo, racismo…

Está narrado por Joaquin Phoenix, dirixido por Shaun Monson e a música é de Moby. Un documental imprescindible que non vos deixará indiferentes.

 

Se queres colaborar con Equanimal podes facerte socio aqui

 

Posted by at 10:53:01 | Permalink | Comments (2)

Monday, August 6, 2007

SOS Courel. Paremos a desfeita. AUTOBÚS DENDE REDONDELA

O vindeiro 11 de Agosto en Froxán varios colectivos sociais galegos (SOS Courel, Asociación Fonte do Milagro, Burla Negra, Rede de Acción Socio-Cultural Arredemo e a Federación Ecoloxista Galega) convocan unha xornada de loita festiva en solidariedade cos colectivos do Courel que están a defender a serra contra a ameaza de espolio e destrución patrimonial que pode supor a legalización masiva de canteiras por parte da Xunta e a mínima expresión á que vai quedar reducido o Parque Natural do Courel. A xornada contará con distintas actividades como o Roteiro da Arte, a proxección dos documentais “As Encrobas a ceo aberto” e “O Salario do Silencio” sobre o conflito de Reganosa, Charlas e debate con científicos e ecoloxistas, Animación na Eira para nenas e nenos e a Ultranoite Obelix e Cia especialmente adicada a SOS CAUREL coa participación de diversos e diversas artistas, como Os da Ría, Pablo Trasno, Chévere, O Mago Romarís, Mónica García, Os Cantos Rodados, Bernardo Martínez, Clara Gayo, Carlos Santiago, Expo e o Último Uruguayo, Blanca Novoneyra, Comba Campoy…

Dende OAR imos a organizar un autobús para viaxar ata Froxán o vindeiro sábado. *s interesad*s podedes poñervos en contacto con OAR por medio da dirección de correo electrónico oaredondela@gmail.com.

[+ info: soscourel.blogspot.com]

Posted by at 16:31:14 | Permalink | No Comments »

Friday, July 27, 2007

Animais Abandonados

 

Preto de 200.000 abandonos de animais se producen no veran, aínda que tamén son elevados en número os abandonos logo do Nadal, ao rematar a tempada de caza, etcétera.

· A lei de “Protección de animais domésticos” considera que abandonar ou maltratar a un animal é unha infracción moi grave, castigada con multas de entre 1.500 e 15.000 €..

· 30 millóns de animais morren atropelados cada ano nas estradas espanholas. De eles, 9 millóns son anfibios, 4 millóns reptís, 10 millóns aves, e 5 millóns mamíferos.

 

· 0s animais son unha responsabilidade que se non imos cumprir, é mellor non acollela: non son un xoguete para agasallo, nin un capricho. 0 futuro destes animais abandonados é triste, doloroso e incerto. Sofren unha deterioración física e psicolóxica, moitos son empregados en pelexas, outros morren atropelados.

 

A educación e a concienciación da poboación é a única forma de erradicar o abandono dos animais, por iso, antes de decidirse por adquirir ou adoptar un animal, sería recomendable realizar algunhas reflexións:

-Ser consciente que un animal de companha non é un xoguete. É un ser vivo ao que debemos respectar e que ten unhas necesidades físicas e emocionais, as cales debemos estar seguros de que podemos satisfacer.

-Saber que cada animal ten un carácter distinto que vén determinado pola raza, a idade e a educación que lle deron os seus anteriores propietarios.

-Decidir reflexivamente qué animal queremos, tendo en conta cal adáptase mellor ao noso estilo de vida.

-Se se está pensando nunha raza en concreto, informarse sobre as súas particularidades. É importante coñecer que características ten esa raza, que coidados vai requirir, etc.

-Disponhemos de suficiente espazo e tempo para adicarlle-lo? (para pasealo, asealo, xogar con el, etc).

-Concienciarnos de que imos ter que coidar durante moitos anos e do gasto e tempo que iso nos vai comportar.

É moi habitual que nos fogares conviva algún tipo de animal de companha: cans, gatos, aves e cada vez máis, animais exóticos como lagartos, iguanas, etc. Na maioría dos casos, estes animais atópanse perfectamente atendidos polos seus donos, pero noutras situacións, as mascotas apenas chegan a ser temporalmente os xoguetinhos dos nenos ou o capricho dos maiores; comprados de cachorros pola súa aparencia xoguetona e carinhosa, convértense co tempo nunha molestia para o propietario, acabando en moitas ocasións maltratados e/ou abandonados en calquera estrada, escampado ou floco.

Segundo os artigos 5 e 6 da “Declaración dos Dereitos dos Animais” aprobado pola UNESCO e a ONU: “todo animal pertencente a unha especie que vive tradicionalmente no ambiente do humano ten dereito a crecer e a vivir ao ritmo e nas condicións de vida e liberdade que sexan propias á súa especie” e “todo animal que o home elixa como compañeiro ten dereito a que a duración da súa vida sexa conforme á súa lonxevidade natural”. A pesar diso, nos centros de protección de animais aparecen continuamente especies en grao sumo variado, pero segue sendo o can o máis afectado e, de forma sistemática e cada vez maior na época estival, cando chegan as vacacións e non se conta coa mascota.

O problema radica en que moitas persoas conciben aos animais como elementos de “usar e tirar” que sobran unha vez cumprida a función para a que foi adquirido (xogo de nenos, caza, etc.) ou cando o animal presenta algún problema ou enfermidade molesta. A cuestión é saber valorar as responsabilidades adquiridas no momento da compra; o seu mantemento e coidado en perfecto estado, dous ou tres paseos diarios, visitas ao veterinario, educación e teimas do animal, *etc; todo un suplicio para quen non se atope preparado para todo iso.

A nivel estatal, as cifras son realmente alarmantes; a pesar de non existir censos reais de animais abandonados, segundo a Asociación para o Fomento da Adopción de Animais de Compañía Abandonados (ASOFACA), o 60% das familias que convive cunha mascota abandónana antes do primeiro ano, mentres que a cifra anual global de abandonos ascende a máis de 200.000. A maioría destes animais morre principalmente atropelada mentres esperan que os seus donos os recollan da estrada, ademais de enfermos, maltratados ou sacrificados en flocos municipais.

Tan só un 7% aproximadamente acaban adoptados por unha nova familia. Unha das alternativas máis recomendable, é a da adopción: Trátase de adoptar algunha desas mascotas que anteriormente foran abandonadas polos seus donos.

Por último, fagamos unha reflexión:

Ao abandonar á túa mascota, ¿qué mensaxe lle estás dando aos teus fillos e aos demais membros da familia?. Todos estos:

- A amizade, a fidelidade e a lealdade non valen nada.

- O respeto pola vida non ten importancia algunha.

- A responsabilidade é algo intrascendente.

- É mellor fuxir dos problemas que enfrentalos.

 

¿É ISTO O QUE QUERES QUE APRENDAN?

———————————————————————-

A campaña consiste na colocación, en distintos locais públicos da Vila dos Viaductos, de tenros e agarimosos animais de peluche, acompañados duns pasquíns nos que se dan consellos e se pide a reflexión do público.

Posted by at 12:40:00 | Permalink | Comments (3)

Sunday, March 18, 2007

Xornada de Divulgación Ambiental

Xoves 22 ás 20.00 h no Auditorio do Multiusos de Redondela

Proxección de documentais:

Vida de Sapo (+info)

As Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro (+info)

Organizan: OAR - Verdegaia

Posted by at 18:19:24 | Permalink | No Comments »

Tuesday, November 28, 2006

02/12/06: Caravana e Bicicletada en Defensa do Litoral

 

MONTEFERRO - CANGAS

 

CARAVANA EN DEFENSA DO LITORAL

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O vindeiro sábado 2 de decembro celebrarase un acto contra a agresión á ría de Vigo, en defensa do litoral.

A saída programada para os coches son as 10 da manhán dende Monteferro (Patos), para continuar por Nigrán, Bouzas, Vigo, Teis, Chapela, Redondela, Cesantes, Arcade, Vilaboa, San Adrián, Domaio, Meira, Moaña, Tirán e rematar en Cangas (Massó).

O percorrido en bici será á mesma hora, dende Monteferro (Patos), Nigrán, Bouzas, Vigo, Traslado en barco, Moaña, Tirán e rematarase tamén en Cangas (Massó).

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ás dúas da tarde (hora prevista para a chegada), comezará un xantar popular na Punta Salgueirón (Cangas), acompanhados de gaiteiros. Cada un que leve o seu xantar.

 

É un acto que agardamos que sexa multitudinario, xa que como se pode observar no cartaz adxunto, nos toca a tódalas vilas da ría, sen excepción, e debemos loitar xuntos para parar estas desfeitas.

Posted by at 13:31:18 | Permalink | No Comments »

Tuesday, October 24, 2006

Sábado 21 de Outubro: FEIRA DO LIXO

O pasado sábado 21 de outubro, tras a celebración da feira, tivo lugar en Redondela unha nova edición do famoso descenso do lixo polo Río Alvedosa. O lixo que quedou tras a celebración do tradiocional mercado volveu a ser arrastrado ata o noso río, seguindo o percorrido acostumado ata por fin a súa andaina ao chegar o mar, se ben é de resaltar que esta vez o fixo nun entorno cada día máis adaptado a un evento destas características.

+s veciñ+s de Redondela non debemos permitir a morte do Río Alvedosa e o deterioro do noso entorno, da que é complice o Concello.

[+ fotos da feira do día 21 de outubro] [e +] [e +]

[+ fotos da nova escombreira]

Posted by at 19:24:49 | Permalink | Comments (1) »

Thursday, August 24, 2006

MANIFESTO REFLEXIVO SOBRE O MONTE

Dende O.A.R. cremos que o desastre ecolóxico e social que arrasou Galiza, en especial as zonas costeiras, non é só froito da maldade de pirómanos (en Galiza non hai máis de cinconta) e incendiarios, senon de algo máis complexo díficil de explicar e demostrar. Pero isto é pola nosa falta de conciencia medioambiental, da politica forestal e rural das últimas decadas e dos multiples intereses urbanisticos que as grandes constructoras teñen postos na nosa Terra.

Como pobo temos a obriga de reflexionar, de facernos responsables do noso medio e esixir un gran cambio, onde os beneficios do monte sexan para o monte e nós, e non para os intereses particulares.

Recuperemos as nosas fragas, carballeiras e soutos!!!!! Apelemos a reflexión e á actuacion responsable, en consecuecia:

  • A quen ou a quenes considera vostede responsable do acontecido?
  • Pensa que houbo unha trama organizada polo medio?
  • A quen ou a quenes pensa que beneficia o lume nos montes?
  • Cre que con máis medios se tería evitado o desastre?
  • Parecelle que unha politica de prevención sería máis efectiva que a de extinción?
  • Considera que o exercito debería ter posto máis medios para apagar o lume?
  • Cre que é casualidade que arderan, sobretodo, as zonas de maior interese urbanistico, estando ademáis moitas delas pendentes da elavoración ou aprovación dun PXOM?
  • Cal cre que é a cota de responsabilidade política do seu concello no monte queimado?
  • Cre que vostede ten algún vínculo de responsabilidade coa natureza?
  • Pensa que outra tipoloxia de monte (carballeiras, fragas, soutos…) tería ardido do mesmo xeito?
  • Parecelle que o eucalipto ten interese turistico? Cre que deberíamos “aproveitar” para reforestar con especies autoctonas e recuperar a Nosa Terra?
  • Que nota se poría en educacion medioambiental? Considera que é necesaria unha mellor e maior educación ambiental a todolos niveis?
  • Coñece o funcionamento das comunidades de montes? Según vostede para onde van os beneficios que xeran: para os comuneiros ou revirten no monte?
  • Deberían replantexarse as Comunidades de Montes a finalidade e uso do monte?

Advertisement

Posted by at 18:18:39 | Permalink | No Comments »