Thursday, January 17, 2008

FORO NEGRO: A necesidade de gobernar o descontento

SÁBADO 19 DE XANEIRO, no INSTITUTO GALEGO DE INFORMACIÓN (IGI) , en Santiago de Compostela

O vindeiro sábado 19 de Xaneiro a Rede de Acción Socio-Cultural Arredemo presenta a nova xeira do portal www.arredemo.info no Instituto Galego de Información (IGI) a poucos días do afastamento definitivo de Isaac Díaz Pardo da dirección do grupo Sargadelos. No contexto desta agresión, reábrese o Foro Negro como punto de encontro, reflexión, debate e denuncia das outras tantas agresións que estamos a padecer no social, no ambiental, no político e no cultural.

No mesmo día presentarase o número cero do Xornal Galicia como reflexión colectiva e análise da situación social e cultural do país, que servirá como documento base do foro e iniciativa de apoio a Isaac aderida ao manifesto que vai servir de base da campaña social.

Máis info: arredemo.info e arredemo.info

Posted by at 23:18:01 | Permalink | No Comments »

Friday, June 15, 2007

¿quen representa a quen?

Dende o final da dictadura non se lembra en Redondela unha corporación municipal con menor respaldo por parte da cidadanía. Os resultados das últimas eleccións municipais resultan esclarecedores. Todas as candidaturas concurrentes empeoraron os seus resultados con respeto ós anteriores comicios e o goberno municipal que hoxe se constitué apenas si está refrendado por unha de cada catro vecinhas do concelho. A crise de lexitimidade democrática coa que nace e, pois, evidente.

Despois da experiencia vivida durante os últimos anos, cun goberno para chorar e unha oposición para rir, non había máis opción que a abstención ou o voto nulo. A inmensa maioría das vecinhas así o entendimos.

Os partidos políticos, absolutamente carentes de calquer vestixo democrático e convertidos en máquinas dictatoriais, mostráronse outra vez alleos ó pensamento da cidadanía. Lonxe de levar a cabo a renovación que lles esixía a berros dende ás rúas, volveron a presentar as mesmas candidaturas de sempre: os que xa levan trinta anos gobernando e que, podres e senís, xa non sabén que facer más que beirarúas de alto standing, e os que levan media vida desvancalos sen éxito.

Polo tanto, e dado o desastroso resultado obtido por tódolos candidatos, esiximos a dimisión de todos os concelheiros, xa que consideramos que non tenhen o respaldo necesario por parte da poboación como para ser considerado un goberno democrático.

 

¡¡NON NOS REPRESENTAN!!

 

 

 

Posted by at 15:48:48 | Permalink | Comments (2)