Friday, February 8, 2008

17/02/08: GALIZA NON S€ VENDE

ESPECIAL: AUTOBUSES (HORARIOS E CONTACTO)

MANIFESTO:


A nosa vida non se entende sen o territorio: sobre el temos a nosa vivenda, por el nos desprazamos, del tiramos alimento e enerxía, nel deitamos os nosos residuos, traballamos, pasamos o noso tempo de lecer… e facémolo desde hai séculos, nel está a nosa historia. O territorio que habitamos conta con paisaxes fermosas ou singulares e alberga, ademais, moitas outras formas de vida, acubilla biodiversidade. O territorio condiciona as nosas vidas, mais tamén temos unha cada vez maior capacidade de modificalo. Combinando desleixo e unha estrema ambición depredadora, levamos décadas destruíndoo e xustificámonos argumentando que é para xerar emprego, para nos desenvolver, para vivir mellor… Este uso insustentábel do territorio está destruír a paisaxe e o noso patrimonio cultural, está a empobrecer a biodiversidade, está a empeorar a nosa calidade de vida e a hipotecar a das xeracións futuras, para, como moito, enriquecer a unha minoría. Galiza perde poboación ao tempo que estende o seu solo artificializado. Urbanismo caótico, infraestruturas de transporte irracionais, piscifactorías, campos de golf, portos deportivos, encoros, parques eólicos indiscriminados, paseos marítimos e fluviais ríxidos, recheos, monocultivos de especies exóticas e invasoras, nulo respecto polas figuras de protección ambiental e os espazos naturais protexidos… teñen unha cousa en común: a inexistencia dun ordenamento territorial ecoloxicamente sustentábel e socialmente xusto. Estamos a atinxir un elevado nível de destrución do territorio, mais aínda temos capacidade para reaxir. Aínda é posíbel deseñar e desenvolver unha política de ordenamento territorial guiada pola sustentabilidade ecolóxica e a xustiza social: que respeite a paisaxe e o patrimonio, que nos permita convivir cunha rica biodiversidade, que mellore a nosa cualidade de vida sen hipotecar a das xeracións futuras. Sabemos que a xeración de emprego de cualidade, o aceso a unha vivenda digna e o gozo do noso tempo de lecer non é incompatíbel coa sustentabilidade, senón todo o contrario, e por iso demandamos un inmediato cambio de rumbo. Somos cada vez máis as organizacións e persoas que demandamos este cambio e traballamos por el desde diferentes ámbitos. Porque o mundo non está á venda e Galiza tampouco. Porque as persoas e o ambiente deben estar por riba do lucro. Porque é imprescindíbel deseñar e implementar xa un ordenamento territorial baseado na sustentabilidade ecolóxica e a xustiza social. Porque para isto é necesaria unha cidadanía forte e autoorganizada que sensibilice, presione e achegue alternativas. Terra viva e vida digna para tod@s!

LINK: GALIZA NON SE VENDE!!!!

Posted by at 19:26:02 | Permalink | Comments (2)

Monday, January 28, 2008

01/02/08: Manifestación “POLA DEFENSA DO NOSO TERRITORIO E O FOMENTO DO TRANSPORTE PÚBLICO”

Dende OAR, queremos convidar á manifestación que convocan a Plataforma Cidadá contra a Autovía e a Federación de AA.VV. “San Simón”, prevista para o vindeiro venres 1 de febreiro de 2008, a partir das 20hs, e con saída dende o aparcadoiro da depuradora (E.D.A.R.) de Redondela, sita na Avda. de Mendinho (Redondela).

Para máis información podedes consultar o blog da Plataforma Cidadá en: plataformaredondela.blogsome.com

Agradecemos a vosa participación, así coma a máxima difusión desta manifestación, entre compañeir@s, amig@s, etc. e en xeral persoas conscientes, solidarias e sensibilizadas cas problemáticas aludidas.

Manifesto Plataforma Cidadá contra a Autovía

O trazado proposto para a autovía vai destruir casas en varios barrios de parróquias como o Viso, Vilar (Redondela), Alxán (Soutomaior) ou Pontesampaio, deixando afectados cen metros a cada lado, e queremos demostrarlles a estes veciños que non están sós e contan coa solidariedade de todos os cidadáns; a mesma solidariedade que se demostrou contra as variantes de Redondela.

Ademáis, a Autovía vai acabar para sempre con boa parte dos montes do noso entorno que, a parte de seren a natureza que temos, son unha fonte de ingresos (¿de donde saen os cartos para as Casas de Cultura, as festas, etc. ?) importante para todas as parroquias. O día que a Autovía leve eses montes, pagarán uns €uros que darán para uns meses, e despois adeus a toda a potencial riqueza que os nosos montes poden producir.

Non só o monte periga: tamén o marisqueo e os recursos mariños. Unha vez construída a autovía, a auga doce da choiva vai correr cara o mar moito máis rápido e vai arrastrar terra do monte á enseada. Isto sábase, pero non se lle di á xente.

Por certo, que esa auga doce sería a que hoxe recollen os mananciais dos que bebemos en moitas parróquias. Tamén se sabe que eses mananciais se perderán por culpa da Autovía, pero o Concello de Redondela parece non importarlle.

O tráfico de Redondela, Vigo ou Pontevedra colapsamolo todas e todos movéndonos en coche e, como non nos dan máis alternativas cada vez haberá máis coches nas estradas e máis atascos nas vilas. ¿Por qué non nos dín que a autovía non vai a solucionar ese problema?

Como problema temos cando queremos ir a Vigo ou Pontevedra e non topamos onde aparcar (sen ser pagando), ou peor aínda o problema que teñen as persoas maiores ou aqueles que non conducen, dependentes de outros que os leven e os traian. ¿Soluciona iso a Autovía? ¿Ou solucionaríase se os autobuses pasaran polas parróquias e fosen puntuais e baratos? ¿E porque non, gratis? Se van gastar 250 millóns de euros nunha autovía polo monte, que os gasten nun trasporte eficaz e que cree postos de traballo duradeiros.

Porque con eses cartos, poderíase traer os especialistas médicos a Redondela e Soutomaior un día por semana, no lugar de ter que ir nos a Vigo ou Pontevedra onda eles, ou fomentar o comercio local para evitarmos marchar a comprar a outros lugares, e así moitas solucións a probelams reais que temos todos os cidadáns, non a posibilidade de chegar a Vigo ou Ourense, cinco minutos antes.

AUTOVÍA NON!

TRANSPORTE PÚBLICO, SI!

SERVICIOS NOS CONCELLOS, SI!

QUEREMOS QUE OS NOSOS CONCELLOS PIDAN INVERSIÓNS ÚTILES, NON DESTRUIR A TERRA NA QUE VIVIMOS!

Posted by at 18:43:28 | Permalink | No Comments »

Sunday, May 6, 2007

NIN VARIANTE NIN AUTOVÍA

A plataforma cidadá convoca a tod*s *s vecinh*s de Redondela a manifestarse o vindeiro venres, 11 de maio, ás 20.00 h baixo o lema: “NIN VARIANTE NIN AUTOVÍA”, pola defensa do noso territorio e o fomento do transporte público. O punto de saída da manifestación será a Casa do Mar .

Posted by at 13:19:06 | Permalink | Comments (1) »

Wednesday, April 11, 2007

¿Por qué AUTOVÍA NON?

Posted by at 23:04:15 | Permalink | No Comments »

Friday, January 12, 2007

Boletín nº 1 da plataforma cidadá

 

Clicando por aquí podedes descargar o número 1 do boletín da Plataforma Cidadá contra as variantes de autovías

Posted by at 19:15:16 | Permalink | No Comments »

Friday, December 1, 2006

OS BERROS DO PÚBLICO CONTRA A AUTOVÍA OBRIGAN A REI A SUSPENDER UN PLENO

Texto íntegro extraído do xornal Faro de Vigo, do 01/12/06.

A tensión existente entre os cidadáns de Redondela polos proxectos de variantes e a futura autovía A-57 desbordouse onte na sesión plenaria. O alcalde Xaime Rei viuse obrigado a levantar a sesión polos berros do público en contra da autovía e abandonou a sala entre empuxóns e insultos, e ata recibiu unha patada dun veciño exaltado.
A sesión, que en principio era de trámite e non incluía o tema das variantes entre os puntos a debate, quentouse cando o grupo municipal do PP presentou unha moción con caracter de urxencia pola que solicitaba á corporación que expresase o seu “total rexeitamento” ao proxecto do Ministerio de Fomento sobre a conexión da autovía A-57 coa rede arterial de Vigo e o aeroporto de Peinador “por ser gravemente perxudicial desde o punto de vista medioambiental, económico, territorial e social para Redondela”.
Os grupos aprobaron someter a debate a cuestión e, tras explicar a súa postura a portavoz popular, Franciasca Canal, o alcalde aclarou que o grupo de goberno “xa se definiu neste tema”. Tamén recordou que como rexidor local está facendo “todas as xestións posibles para que se arquive o proxecto das variantes, que é o que rexeitou o pleno”, pero aclarou que está a favor da autovía A-57 entre Pontevedra e O Confurco, e acusou á edil do PP de “oportunista”.
Nese momento unha persoa do público comezou a berrar que os políticos están “para defender aos veciños e non a autovía” e recordou o amplo respaldo da última manifestación. Os asistentes, que abarrotaban a sala, comezaron a berrar “autovía non”, e o alcalde levantou a sesión.
No momento de saír da sala, ante a tensión do momento, produciuse un gran revoltallo e algún veciño chegou a zarandear ao alcalde e insultarlle, aínda que afortunadamente non chegou a nada máis. Tamén outros concelleiros do goberno local mantiveron airadas discusións con varios dos asistentes, que se agravaron cando o alcalde volveu entrar na sala e respondeu con berros de “autovía se” aos veciños que lle increpaban.
Finalmente, malia a forte tensión e as alteradas discusións, os ánimos acougáronse e, aos poucos, o público abandonou as dependencias municipais sen producirse altercados.

Antonio Pinacho - Faro de Vigo

Pola nosa parte só un comentario: que cada día que pasa, en cada pleno municipal ou acto que celebran, cada vez que lles da por abrir a boca,os 20 concelleiros máis o alcalde, nos demostran con máis insistencia a súa incapacidade para defender os intereses dos veciños.

21 CONCELLEIROS

INCOMPETENTES E MENTIREIROS!!!

Posted by at 09:59:49 | Permalink | Comments (7)

Saturday, November 4, 2006

MANIFESTACIÓN CONTRA A AUTOVÍA

Ante o incumplimento por parte do Concello de Redondela dos acordos plenarios a plataforma cidadá contra as variantes convoca para o vindeiro venres 10 ás 20:00 unha manifestación na explanada de Seragua.

Posted by at 17:15:45 | Permalink | No Comments »

Sunday, October 1, 2006

AUTOVÍA DE REDONDELA - NON GRAZAS

Máis fotos do pleno aquí, e aquí, emáis aquí.

Posted by at 10:57:47 | Permalink | Comments (2)

Wednesday, September 27, 2006

ONDE ESTABAS TI NO AGOSTO `06?

O pasado 7 de Agosto o Ministerio de Fomento facía público no B.O.E. as 4 opcións de viais que se presentaban para a futura construcción dunha autovía que esnaquizaría o Concello de Redondela. Dende xullo do 2004, TRN Ingeniería, empresa encargada da elaboración do estudo informativo “Variante de Redondela”, púxose en contacto co Concello de Redondela en múltiples ocasións para solicitarlle a información necesaria para a redacción do mesmo.

ONDE ESTABAS TI NO AGOSTO `06?

P.S.O.E. O líder dos socialistas redondeláns, o imperecedeiro e inmutable Jaime Rey, pasou o mes sentado na terraza do “bar dos avións” e de estancia por Portugal.

B.N.G. O ben pagado señor Pazos pasou o mes reflexionando sobre o camiño que debe coller, (atopase perdido); se dereita, se esquerda, se todo recto ou simplemente deixarse estar. (Ou sexa, segue perdido).

I.U. Manolín “cicloturista” seguiu a comer do mesmo plato que os demais subvencionado pola concellaría de Turismo e Feiras.

R.A. Bastos continuou autopublicitándose no Faro de Vigo, e decidiu continuar co seu propio pacto de oposición co P.P.

P.P. Paqui “princesa” Canal con saias e ao tolo, decidiu facer un pouco de campaña electoral. Foi vista polas parroquias repartindo saúdos e sorrisos a bordo dun camión cisterna da Deputación.

NOTA: Paqui Canal (P.P.) é presidenta da comision informativa de medio ambiente e urbanismo da Deputación de Pontevedra. Dita deputación deu conformidade no B.O.P. do 7 de setembro ao estudo informativo EI-2PO-21 (variante Redondela).

 

 

O 12 de Setembro rematou o prazo para que *s veciñ*s presentasen alegacións no rexistro do Concello.

Como podemos intuir os 20 concelleiros máis o alcalde tiveron tempo libre de abondo para informar aos veciños, (non chega con poñer uns mapas no concello e esquecer o tema), xa que todos eles tiñan o dossier de Fomento co proxecto dende principios de Agosto. Por todo isto e máis, preguntámonos:

-Que tipo de intereses escóndense detrás destas perxonases? Urbanísticos tal vez?

-De quen ou quenes, xurdiu o encargo para realizar o estudo das variantes?

-Por que o P.S.O.E., P.P., B.N.G., I.U. e R.A. caláronlle a realidade ao pobo?

-Que pretendían, seguir manipulando a tódolos veciños desta Vila?

NON QUEREMOS AUTOVÍAS

Por certo, parece ser que nesta vila os políticos son os que teñen o poder soberano e o pobo non deixa de ser para eles os seus lacaios.

Posted by at 18:28:40 | Permalink | Comments (1) »

Tuesday, September 26, 2006

CONCENTRACIÓN

O vindeiro Venres 29 de Setembro celebrarase no Concello de Redondela un pleno extraordinario para tratar o tema dos viais a partir das 20:30, por elo convidamos a tódolos veciños desta noble Vila a participar na concentración que se realizará na praza do Concello a partir das 20H.

NON Á DIVISIÓN DO POBO!!!

NON QUEREMOS AUTOVÍAS!!!

21 CONCELLEIROS; INÚTILES MINTIREIROS!!!!

 

Posted by at 10:23:09 | Permalink | Comments (1) »