Sunday, August 10, 2008

Pontevedra Antitaurina

Como xa anunciamos neste blog, o pasado sábado, 9 de agosto do 2008, celebrouse ás 19:00 horas, na pontevedresa Praza da Peregrina unha concentración antitaurina convocada pola Plataforma Pontevedra Antitaurina, co apoio de organizacións coma Adega, Matar por matar, non, C.S. Revira ou Equanimal, e que se englobou nos actos propios da campaña “Galicia, mellor sen touradas” promovida pola ong Libera.

Ao acto acudiron uns 300 pontevedreses, entre os que se atopaba un activista de OAR e puidemos distinguir a presenza doutr@s 4 redondeláns/nas. Logo duns intres concentrados na Praza da Peregrina, @s organizadores decidiron facer un percorrido circular polas rúas próximas, feito polo cal foron advertidos polas forzas policiais do Estado que serían sancionados  a razón de 3000 euros por convocante (5) ó non estar autorizado o percorrido pola Subdelegación do Governo de Pontevedra. Os manifestantes percibimos  simpatía,  extraneza, ou indiferencia de moitos cidadáns que o mesmo tempo disfrutaban dos actos propios das Festas da Peregrina. O acto rematou na praza da Peregrina ca lectura do manifeston elaborado pola Plataforma Pontevedra Antitaurina http://pontevedraantitaurina.wordpress.com/manifesto-de-pontevedra-antitaurina/

As organizacións antitaurinas valoran positivamente o apoio cidadán á campaña “Galicia, mellor sen touradas”.

Posted by at 23:27:01 | Permalink | No Comments »