Carta aos políticos de POLIGONON
Activistas antipolígono están dirixíndo unha campaña que rematará o vindeiro venres, 14 de novembro e que consiste no envio máxivo de cartas aos políticos titulares da Presidencia, Vicepresidencia, Medo Rural, Medo Ambiente e Vivenda. Calquera persoa pode cubrir este modelo de carta e facerllo chegar ó colectivo, antes do venres 14. Só tes que cubrirlo teu nome e apelidos e a parróquia na que vives (espazo reservado con XXXXXX)
9 de novembro de 2008
Estimado Señor,
O meu nome é XXXX XXXX XXXXXXXXX XXXXX e vivo na parroquia de XXXXXXXXXXXXXXX . Con certeza que non sabe moi ben onde queda, pero aquí pretende construír un Polígono Industrial que lle chama de Mos-Redondela. Aínda é un proxecto polo que quixera, nesta breve carta, realizar unha pequena reflexión e estender un convite.
Nos seus discursos vostede sempre fala de grandes números. Menciona os km de estradas, autovías ou AVE; os m² de chan industrial. Son números que coloca como garante do benestar dos galegos/as. Desde Santiago son dados a falar de macrocifras e esquecer que en cada número, detrás de cada m², baixo cada km hai persoas.
O benestar das persoas non se mide en cifras ou m². Benestar é ter como veciños outros veciños que viven en casas e non naves industriais que, todos sabemos, non son habitables. É que as noites sexan noites e non permanentes focos de luz, e cando cante o cuco non se escoite só ruído de industrias. Benestar é saber que no día de mañá os nosos fillos recibirán un mundo algo mellor que o que nós recollemos. O benestar é un sentimento de tranquilidade. E non podemos estar tranquilos sabendo que as decisións que se toman non contan co máis importante que ten este país, os seus habitantes.
Convídolle sinceramente que veña á extrema entre Mos e Redondela. Pase un domingo pola tarde coa súa familia pola área recreativa do Chan das Pipas, pasee polo Camiño de Santiago, a Vía Romana ou o recén restaurado Camiño da Auga. Se quere, pode participar do próximo magosto-serán que organizan os veciños de Saxamonde. Veña e camiñe, como agora se pode, pola estrada que vai de Os Valos a Guizán e fale cos veciños, vexa como vivimos. Pódese asomar ata o Coto do Gran e apreciar en toda a súa extensión o Val do Maceiras. Todo antes de que se aprobe o proxecto do Polígono Industrial, claro!
Os proxectos non se poden redactar desde os despachos. Hai que pisar a terra que se pretende ocupar. Hai que falar cos veciños que se pretenden ordenar. Para facer país, para progresar, hai que saber e coñecer os nomes dos lugares e das persoas que viven neles. O progreso e a construción do país non se poden facer de costas á cidadanía.
Se finalmente vostede se acerca a este lugar, verá que é un territorio poboado, con proxectos de vida realizándose e outros por realizar. Verá que o noso monte non está desordenado, é o Polígono quen desordena, ou se prefire, desestrutura o territorio. Encaixonado entre tres parroquias, lindando con múltiples vivendas con persoas que as habitan, con accesos perigosos, coas afectacións nas augas de traída, o Polígono nin trae progreso, nin fai país. Este polígono condena esta zona e destrúe non só o entorno e a paisaxe, senón o que é máis importante, as vidas dos veciños.
Pásese por esta terra para comprobar que o benestar non se debuxa nos planos nin se mide en m², senón que se camiña no terreo e se valora cada día.
Reciba cordiais saúdos,
Hoxe, 9 de novembro, celebrouse ás 10:30 hs. no Centro Cultural do lugar da Chan das Pipas (Saxamonde), unha xuntanza informativa cos veciños de Saxamonde, Vilar e Arrufana (Mos), para poñelos ao corrente dos aspectos máis negativos dun futuro polígono que levaría acabo Xestur (Xunta de Galicia). A xuntanza estaba promovida por un colectivo de veciños afectados, e despois de que a Comunidade de Montes en Man Común da Parroquia redondelá de Saxamonde, unha vez máis, se manifestase contraria a desaparición da súa propiedade, e recurso, económico (producción de madeira) , público (espazos de lecer, deportivos, etc.) e social (espazos de lecer, deportivos, aire limpo, paseos a pe, en bici, a cabalo, festas, seráns, comunidade, auga, etc), O MONTE
O pasado mércores día 27, no marco do pleno municipal mensual, produciuse unha situación sen precedentes na vila de Redondela. Coa escusa de buscar un transcurso supostamente ordenado de ese pleno, o goberno municipal tentou limitar e intimidar a presencia veciñal no salón de plenos. Por unha parte, colocáronse varias filas de sillas con intención de limitar o aforo; por outra, a policía local esixiulle identificación a todas as personas que intentaron cubrir ese aforo. Ademáis, un fortísimo despliegue policial no exterior pretendeu ser unha exhibición de forza por parte do alcalde; unha ducia de axentes antidisturbios, varios policías nacionais e media ducia de policías locais foron a dotación mobilizada, que en momentos resultou máis numerosa que os veciños concetrados en fronte do concello. Cabe aquí comentar que este dispositivo é notablemente superior ó desplegado en eventos como o Entroido de Verán e as feiras, circunstancias moito máis delicadas dende o punto de vista da seguridade cidadá.
Os días 4, 5 e 6 de setembro a SCD do Condado pretende celebrar en Salvaterra do Miño, o vigéssimo-segundo Festival da Poesia e que sirva como punto de encontro das entidades que confluen na Rede Galiza Non Se Vende, como altofalante do sentir popular e como homenaxe a todas aquelas loitas que continuan a librarse ao longo do território nacional.

