Wednesday, July 8, 2009

A desinformación sobre cortes de tráfico, por obras, dificulta o transporte público en Redondela

Ponte sobre o Alvedosa

A falta de aviso de corte de tráfico, polas obras de mellora do saneamentoque se están a realizar actualmente na a altura do número 47 da Avda. Ernestina Otero (a altura da ponte que une a Avda. de Mendiño con Ernestina Otero), incluidas non Plan Español para o Estimulo da Economía e o Emprego, adxudicadas a Aqualia e subcontratadas a “A Sampana”, Obras e Servicios, SLU, causaron perxuizos e malestar entre @s usuari@s da liña de autobuses entre Redondela e Vigo, que realiza Autos González, a mañá e as primeiras horas da tarde de hoxe, mércores 8 de xullo.

Unha residente redondelá, empregada do Supermercado Mercamás sito na Avda. de Vigo, de Chapela, do Grupo Froiz, resultou perxudicada pola tarde, polo corte ao non poder coller o autobús que se dirixiu a Vigo, dende Redondela, nos horarios de 16:00 e 16:25 horas. A empregada tiña a responsabilidade de abrir o establecemento ás 16:30 hs, e non puido facelo. Usuari@s do servizo público de transporte colectivo falaron ca empresa concesionaria do servizo de transporte público sendo informados dos puntos de recollida de pasaxeiros que finalmente non resultaron efectivos, pois segundo parece existiu descordinación e desinformación entre a empresa e os conductores, e descoñecemento, exacto do restablecement do tráfico pola Adva. Ernestina Otero. Alguns usuarios eran informados pola empresa que se lles recollería na N-550, ao seu paso polo casco urbano d eRedondela e logo os autobuses realizaron o percorrido pola Ernestina Otero, perdendo a pasaxe @s viaxeir@s. Finalmente @s usuarios que non puideron coller os autobuses das 16:00 e das 16:25 horas, puideron coller o autobús das 17:15 horas.usuari@s, a responsabilidade  e avisar do core de tráfico recae sobr eo Concello de Redondela. Algunhas usuarias, plantexaronse subir ao autobús sen pagar a pasaxe a Vigo, en compensación polos perxuizos causados.

Segundo informou Autos González aos/ás

Posted by in 23:11:22
Comments

Leave a Reply