Sunday, June 7, 2009

Traballador@, NON VOTES!!


Boneco e pancarta colocada na ponte do scalextric, N-550 (sábado, 6 de xuño)

Que se lles perden ós partidos políticos (principalmente os maioritarios) en Europa nos comicios do domingo 7 de xuño?

Sabendo que sempre hai unha maioritaria abstención, a que vai tanta campaña e tanto interese en que a poboación os vote?

Que pretenden, que a crise económica actual, da que o Estado español é o adalide e por méritos propios, nola resolva a UE ?


Non hai que esquecer que a UE está baseada nun proxecto neoliberal, globalizador e de libre mercado, privatizador dos servizos públicos, desprotector dos dereitos sociais e laborais, opresor dos pobos e as culturas no propio continente, militarista a traveso do euroexército e que se sirve a da expoliación dos recursos naturais e da esclavización da humanidade nas zonas máis subdesenvolvidas do planeta a traveso das súas grandes empresas multinacionais.

Mais cumpre urxentemente desenmascarar as “cínicas” campañas que están a levar unha vez máis @s demagog@s e hipócritas do PP, PSOE e BNG na Galiza, enchéndose a boca de “progresismo” e “faladuría barata”, mentras a cada vez maior incipiente e cruda realidade é a que vemos en Reganosa, Massó, Parque Rosalía, destrución do Caurel, piscifactorías, parques eólicos, autovías, AVE, etc. , no que quetrendo aproveitarse das miserias e perda de empregos non poñen reparos, en seguir o mesmo modelo de desenvolvemento que nos levou á actual crise que non é só financieira senón de clara insostibilidade do propio modelo e o que é aínda máis grave, enerxética.

Non debemos esquecer que unha maioría destas desfeitas e da merma dos recursos produtivos na nosa terra son subvencionadas a cargo de cartos da UE “do capital” con fondos PRODER, LEADER, … e con programas claramente insostibeis como a Rede Transeuropea de Transportes (o que agora aperta con moito apaño o BNG en plena campaña), que promove a base do desembolso de millonarias cantidades de diñeiro público para a grande empresa privada en construción de impactantes vías de alta capacidade, trens de alta velocidade, ampliación de aeroportos e de portos pesqueiros e comerciais, dentro do que se denomina “transporte de mobilidade” para interconectar na lonxanía grandes metrópolis dentro dun urbanismo intensivo, inhumano e depredador, que vai en contra do necesario decrecemento, do transporte colectivo e de accesibilidade, e do desenvolvemento de proximidades proximidades como únecas e viables alternativas de sostibilidade nun planeta e unha biosfera cada vez máis sobreexplotada, contaminada e coa seria ameaza do cambio climático, aclerado pola propia influencia das malas e insostíbeis actividades humanas.

Posted by at 18:22:42 | Permalink | No Comments »