Excursión á Illa de Ons
A Asociación de Veciños de Ventosela, organiza unha excursión á illa de Ons, en colaboración con Renfe, o vindeiro 19 de abril. Con esta actividade a A.VV. pretende programar unha actividade de lecer, coñecemento do noso patrimonio, etc. e o mesmo tempo fomentar o uso do transporte público máis sustentable, e respetuoso co medio ambiente, o tren.
A saida será, en bus, dende a Casa da Cultura de Ventosela, ás 09:15 hs., cara a Estación de trens de Redondela, donde colleremos o tren das 09:53 hs. da mañá, con destino a Pontevedra. Alí un autobús levaranos ao Porto de Marín, a coller un barco ata a illa (todo, sen malos fumes, en transporte público). No percorrido pola illa acompañarannos guias, resaltando os valores naturais e historicos da illa.
Esta viaxe ten estimado regresar ás 20:00 hs.. O custe é de 16 euros para @s soci@s, e 18 euros, @s non soci@s. Se estás interesad@ na viaxe, podes chamar ate o día 12 de abril (prazas limitadas) aos teléfonos 647748191 ou 986401860.
Posted by
at
22:19:55