Saturday, April 11, 2009

A Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común mostra o seu rexeitamento ao proxecto de conexión da A-57 có aeroporto de Peinador e a rede arterial de Vigo.

Tras coñecer a aprobación definitiva do estudio informativo da polémica variante que cruza os concellos de Pontevedra, Soutomaior e Redondela, esta Organización quere mostrar o seu desacordo cun proxecto que desvertebra o monte veciñal de alomenos 8 Comunidades.

Este proxecto vai deteriorar en gran medida, a recén inaugurada “Senda  da auga” obra financiada na meirande parte con fondos do PRODER II, e que tivo un custo de case 100.000 €, que transcorre polas parroquias de Reboreda, Quintela e Saxamonde  casi  en paralelo coa autovía.

 

Dende a Organización Galega de Comunidades de Montes entendemos que, montes como os que agora se van ver afectados por esta autovía, teñen un gran potencial social, económico e turístico para un concello como o de Redondela e a área de Vigo, potencial que se verá claramente mermado con esta obra.


 

Tampouco se debe esquecer as funcións ecolóxicas que estes montes desempeñan, actuando como sumidoiro de CO2 e filtro da contaminación atmosférica. Tamén constitúen a principal reserva natural de auga subterránea, recurso fundamental en áreas tan densamente poboadas.

 

Pensamos que unha vez máis se ignora a importancia do monte comunal como motor do desenvolvemento rural e creador de emprego estable, e lamentamos que decisións coma estas vaian sempre en prexuízo do patrimonio común dos galegos.

 

Por todas estas razón, esta Organización pensa emprender accións na defensa dos montes veciñais en man común afectados por esta infraestructura.

 

 

 

5 de abril de 2009

Posted by at 03:29:21 | Permalink | No Comments »

Sunday, April 5, 2009

Excursión á Illa de Ons

A Asociación de Veciños de Ventosela, organiza unha excursión á illa de Ons, en colaboración con Renfe, o vindeiro 19 de abril. Con esta actividade a A.VV. pretende programar unha actividade de lecer, coñecemento do noso patrimonio, etc. e o mesmo tempo fomentar o uso do transporte público máis sustentable, e respetuoso co medio ambiente, o tren.

A saida será, en bus, dende a Casa da Cultura de Ventosela, ás 09:15 hs., cara a Estación de trens de Redondela, donde colleremos o tren das 09:53 hs. da mañá, con destino a Pontevedra. Alí un autobús levaranos ao Porto de  Marín, a coller un barco ata a illa (todo, sen malos fumes, en transporte público). No percorrido pola illa acompañarannos guias, resaltando os valores naturais e historicos da illa. 

Esta viaxe ten estimado regresar ás 20:00 hs.. O custe é de 16 euros para @s soci@s, e 18 euros, @s non soci@s. Se estás interesad@ na viaxe, podes chamar ate o día 12 de abril (prazas limitadas) aos teléfonos 647748191 ou 986401860.

Posted by at 22:19:55 | Permalink | No Comments »