Thursday, March 19, 2009

21 de Marzo, Día da Árbore no Viso

A Asociación Cultural Lúa Meiga, promove, en parte, a petición de distint@s activistas e membr@s de distintas organizacións redondeláns, unha xornada de plantación de frondosas, este sábado, 21 de marzo, ás 10:00 hs. da mañá, no miradoiro do monte Outerio Grande, unha parcela que anualmente ceden a Comunidade de Montes en Man Común de O Viso (parróquia de Redondela), para a celebración do festival Folk denomidado “Noite da Lúa Meiga”, promovido pola asociación cultural Lúa Meiga.

O monte comunal de O Viso, donde se quere facer a plantación, foi pasto dos lumes que azoutaron Galiza en agosto do 2.006, logo dos cais, algúns/has activistas sociais e ambientais (entre os que nos incluimos) procedemos a creación de pequenos viveiros caseiros de planta forestal, para algún día, repoboar, parte deses montes arrasados cruelmente polo lume. Logo dun periodo de recuperación da vexetación do monte, agora podemos axudar á natureza, prantando as nosas árbores.   

Para esta actividade, os recursos materiais e económicos da Asociación Cultural Lúa Meiga, son excasos, así que de desexar participar na xornada de repoboación, teremos que ir provistos da roupa e ferramentas (laia, legón,) de traballo axeitadas , lubas, e outros. Ainda que intentarán conseguirnos algún tenteempé e bebida, recomendase que cada quen leve a bebida e merenda que estime oportuna. Algúns/has participantes, pensamos quedar a comer ao rematar a plantación e levaremos cada quen a súa comida.

Se tes algúnha dúbida ou non sabes como chegar a o miradoiro de Outeiro Grande, no Viso, podes contactar con nos antes das 09:30 hs. (despois desta hora é posible que non exista covertura) do sábado, para quedar nalgún punto da vila de Redondela, para ir xuntos. Chamade ou enviade un sms ao 660903309.


Posted by at 21:13:20 | Permalink | No Comments »