Wednesday, November 19, 2008

Charlas Informativas Contra o Plan Vigo Íntegra en Redondela e Mos

 

Os colectivos redondeláns integrados na Rede A Ría Non se Vende, quen suscribe, Organización Activista de Redondela (OAR), e a Plataforma Cidadá de Redondela Contra a Autovía, coorganizan en colaboración con Salvemos Monteferro e a Rede, unha charla informativa, previa a manifestación pola retirada do Plano Vigo Íntegra, que se celebrará, con saída ás 12:00 hs., dende a Praza de España, o vinderio 30 de novembro, na cidade olívica.

A charla celebrarase en Redondela, o vindeiro, venres, 21 de novembro, ás 20:00 horas, na segunda planta da Casa da Cultura (actual sede da Radio Municipal de Redondela), sita na Praza de José Figueroa. Nela participarán Xosé Reigosa, por Salvemos Monteferro, Eliseo Baluja, pola Rede A Ría Non se Vende, e Xacobe Ojea, pola Plataforma Cidadá de Redondela, que expoñeran, ca axuda dun Power Point,  como nace o Plano Vigo Íntegra, para quen se fai, a quen beneficia, etc e que alternativas sustentables, propón a Rede a Ría Non Se Vende.

Así mesmo, outro colectivo integrante da Rede A Ría Non Se Vende, a Plataforma Defende Mos, organiza unha charla informativa co mesmo contido, no Concello de Mos. A charla de Mos, terá lugar o vindeiro, domingo, 23 de novembro, á 11:00 horas, no Multiusos, sito en Puxeirso, na Estrada do Aeroporto, nº 41.

Posted by in 21:27:57 | Permalink | No Comments »