
Hoxe, 9 de novembro, celebrouse ás 10:30 hs. no Centro Cultural do lugar da Chan das Pipas (Saxamonde), unha xuntanza informativa cos veciños de Saxamonde, Vilar e Arrufana (Mos), para poñelos ao corrente dos aspectos máis negativos dun futuro polígono que levaría acabo Xestur (Xunta de Galicia). A xuntanza estaba promovida por un colectivo de veciños afectados, e despois de que a Comunidade de Montes en Man Común da Parroquia redondelá de Saxamonde, unha vez máis, se manifestase contraria a desaparición da súa propiedade, e recurso, económico (producción de madeira) , público (espazos de lecer, deportivos, etc.) e social (espazos de lecer, deportivos, aire limpo, paseos a pe, en bici, a cabalo, festas, seráns, comunidade, auga, etc), O MONTE
Os activistas antipolígono, empezaron a charla mostrando unha diapositiva do plan de infraestructuras viarias do Pla Vigo Integra e alegaron que o Plan pretendía arranxar Vigo, a conta de queimar tódolos arredores e manifestaron levar un par de semanas de actividade, sen parar. Entre as súas accións, xa se reuniron cos partidos políticos con máis representación na corporación municipal (PSOE, PP e BNG), e cas Plataformas Cidadá de Redondela Contra a Autovía e Defende Mos (ambas membros da Rede A Ría Non se Vende). Ningún partido dos entrevistados, se manifestaron contrarios o polígono, máis ben están todos a favor. Polo que ningún partido comparte os seus obxetivos contrarios, do cal algún membro se alegrou (entendín porque os partidos soen empregar estes asuntos de xeito manipulativo e só pensando nos seus inetreses electorais). O colectivo, non ten cargos, nin presidentes ou directivas e reunense, en asembleas abertas, tódolos venres, ás 20:30 hs. no Centro Cultural de Chan das Pipas, en Saxamonde, e o seu traballo repartese entre os veciños por consenso e según a dispoñibilidade dos mesmos/as veciños/as. Xa elaborarón un manifesto no que expresan unhas das poucas razóns polas que se opoñen ó polígono. Tamén confecionaron unha carta dirixida aos máximos reponsables políticos da Xunta, Vicapresidencia, Consellería de Medio Ambiente, Medio Rural e Vivenda (recibiredela no futuro ou poderedela consultar no futuro no blog de OAR, www.oaredondela.blog.com, ou no mesmo blog do Colectivo veciñal antipoligono, www.nonopoligono.blogspot.com . Tamén acordaron un logotipo representativo (adxuntase), do que xa se imprimiron autocolantes (pegatinas). Están intentando quitar camisetas e logos antipolígono en plástico, como os que se fixeron cando o NUNCA MÁIS, para colocar nas vivendas rexeitando o polígono. Están organizando a colocación de varias e grandes pancartas e da colocación de cruces (unha por cada nave que pensan construir en Saxamonda (máis de 60). Pensan que a súa actuación ten que ser rápida e contundente, e non perden a esperanza de gañarlle a partida aos poderosos, tendo en conta o rexeitamento veciñal que está acarrexando o veciño polígono da Veigadaña en Mos, o paso polo lugar do camiño de Santiago e outro romano, a preocupación de Xestur pola oposición veciñal non esperada en Mos e Redondela, contra estes polígonos e que se acerca un novo período electoral.
Entre os veciños promotores do colectivo atopanse un coñecido matrimonio, activistas de diversos colectivos e iniciativas como A. Cultural Alén Nós, Liga Veciñal de Redondela polo Voto Nulo, ou Plataforma Cidadá de Redondela. Na xuntanza aberta de hoxe, acudiron tamén vari@s membr@s da Plataforma Cidadá de Redondela (5, un deles membro tamén de OAR) e polo menos dúas activistas da Plataforma Defende Mos.
Dende a Plataforma expresamos ós veciños moitos deles propietarios de vivendas, terreos, montes, leiras, traídas de auga etc, que heredaron dos seus antepasados ou mercaron cos seus aforrros, que non deberan sentirse os únicos afectados, xa que fora de Saxamonde ,outros cidadáns tamén nos sentiamos afectados, por que tamén disfrutamos dun entorno natural a día de hoxe conservado. Se lles quixo expoñer que a Plataforma Cidadá que leva máis de 2 anos loitando contra a utovía tamén se sinte acfectada directa do polígono, xa que un dos argumentos e polo atrainte da autovía é o Aeroporto de Peinador, e de construirse o Polígono industrial crearíase outo polo atraínte e argumento para construir un futuro trazado de Autovía, tendo aquela zona moitas papeletas para que además de polígono lle colocasen unha autovía. Explicouselles que tanto a Plataforma Cidadá se debera volcar máis na loita contra ó polígono, coma o novo colectivo debera implicarse máis e ter enconta a autovía. Que oq ue se aveciña, non é só un polígono, que os deixara aillados entre naves, ruidosas, tráfico pesado, fumes, senón que tamén existe a ameaza dunha infraesctrutura que vai a dividilos e separalos do mundo (a autovía), como lle acontece aos/as veciñ@s de Mos, que sufren a autovía de Porriños-Vigo que divide familias e parroquias, que só ten dúas zonas de paso (soterrado) pola que non pasan os trailers das naves salpicadas por todo o concello e malamente pasa o transporte escolar.
Tamén lle expresamos que estaban a realizar un bo traballo e nunha acertada liña, e que non se pensaran que quen leva 30 anos (ou o seu recambio) demostrando nada, e que non lle interesan os cidadáns, lles iban a arranxar o problema que se lles aveciña e non iban a facer nada por eles, que confiaran na asemblea de veciños de Saxamonde e no seu colectivo recén creado, que o estaban a facer bastante ben. Que os poderosos esperaban que estiveran quedos e calados, entretidos en botellóns, circos, festas e magostos varios, e mentres eles arranxaban as súas contas correntes e as dos seus amguitos/as. A Plataforma de Redondela, informamolos de que tanto o Polígono como o Plan Vigo Íntegra formaban parte do mesmo proxecto, modelo de globalizador de infraestructuras destructivas e desconsideradas, ca natureza, cidadáns, o territorio, os recursos públicos, etc. e así informamolos que celebraríamos unha manifestación contra o plan Vigo Íntegra, o vindeiro 30 de novembro. Así mesmo quen suscribe animounos a considerar a posibilidade de pecharse no concello, coordinados ca Rede Galiza non Se Vende, o próximo 13 de novembro e coincidindo co afundimento do Prestige. A Asemblea veciñal rematou, pouco antes das 13:00 hs.
Podedes atopar algunha información da mobilización deste colectivo
http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008110200_3_270591__Comarcas-poligono-Redondela-dejara-Camino-Santiago-entre-naves
Ou información nos medios de futuras accións da Plataforma Cidadá
http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008110700_3_271885__Comarcas-Plataforma-Cidada-recorrera-montes-para-protestar-contra-amenazas-infraestructuras