Wednesday, October 22, 2008

Xogo Descuberto organiza as I Xornadas Antisgae

Ca intención de ter continuidade en próximos anos, o colectivo Xogo Descuberto, organiza as I Xornadas Antisgae, o martes 28 e venres 31, de outubro, e o mércores 5 e o sábado 8, de novembro , con actos (retrasmisións, charlas, cea, performances, etc.) na rúa (do Principe), nos Centros Sociais A Cova e a Tiradoura e os establecementos La Iguana Club e Koxobar. Para máis información clika no seu blog e consulta o programa en: http://xogo-descuberto.blogspot.com/2008/10/i-xornadas-antisgae.html
Posted by at 15:20:20 | Permalink | No Comments »

Wednesday, October 15, 2008

O tren, nas Conversas de Alén Nós

A Asociación Cultural Alén Nós, de Redondela, dentro do ciclo habitual de charlas, debates, etc, organizamos as próximas Conversas de Alén Nós, que co título Transporte por ferrocarril e alta velocidade, tratarán aclararnos a situación actual en Galiza, destes medios de transporte, e cal pode ser o futuro de ámbolos dous medios. Logo da conferencia establecerase, como é costume nas Conversas de Alén Nós,  un turno no que o público asistente podera plantexar as opinións, exposicións, preguntas, propostas, etc. que razonada, civica, respetuosa e ordenadamente considere.
 

Os conferenciantes invitados serán, Fernando Gómez Camarero, Coordinador Xeral da Plataforma Galega SALVA-LO TREN e Rafael Camacho, Representante da sección sindical da CXT do ferrocarril de Pontevedra (integrante, tamén na Plataforma SALVA-LO TREN). Esperamos a vosa asistencia e participación activa, este venres, 17 de outubro, ás 20:00 hs. no Multiusos da Xunqueira (Paseo da Xunqueira, s/n) de Redondela.
 
Agradeceríase, que se sodes da Área de Vigo, imprimades o cartaz e o difundades, no voso barrio, ou nos medios (asembleas, xuntanzas, blogs, webs, xornais, radio, etc) das asociacións ou coletctivos nos que actuedes ou dos que participedes.

Posted by at 15:10:42 | Permalink | No Comments »