Tuesday, August 26, 2008

XXII Festival da Poesía do Condado

Os días 4, 5 e 6 de setembro a SCD do Condado pretende celebrar en Salvaterra do Miño, o vigéssimo-segundo Festival da Poesia e que sirva como punto de encontro das entidades que confluen na Rede Galiza Non Se Vende, como altofalante do sentir popular e como homenaxe a todas aquelas loitas que continuan a librarse ao longo do território nacional.

A SCD do Condado distinguiuse sempre por identificarse e apoiar as batallas en favor dos intereses populares e veciñais frente aos das empresas e políticos ao seu servizo. E desta maneira, continuan sen desviarse do camiño andado, tentando aportar o seu grao de area à imprescindíble tarefa de construir poder popular na Galiza de 2008.

Podedes atopar, máis información sobre o programa de actos ou como chegar ta Salvaterra en http://www.scdcondado.org/festival.htm#programa

Posted by at 00:36:23 | Permalink | No Comments »

Monday, August 25, 2008

II Reconquista de Toralla

¡Ola Piratas!

 

Este ano o Colectivo Xogo Descuberto volve á carga e dende OAR animamosvos a participar na II Reconquista da Illa de Toralla (Vigo). O sábado 13 de setembro ás 18:00 horas precisamos unir forzas de novo para reivindicar unha Illa de Toralla aberta para todas e todos, e na que cesen por fin as aberracións arquitectónicas que destrúen por completo o seu patrimonio tanto natural coma cultural.

 

 De novo, a nosa protesta consistirá nunha marcha pirata a través da ponte e máis da auga (traede a vosa embarcación!), que rematará nunha concentración pacífica diante da barreira. A abordaxe comeza de novo.

 

Colectivo Xogo Descuberto

 

Info: I Reconquista de Toralla

http://galiza.indymedia.org/pt/2007/09/12260.shtml

http://blip.tv/file/371456

Posted by at 19:33:56 | Permalink | No Comments »

Thursday, August 21, 2008

Verdegaia solicita que se tomen medidas para a conservación do río Fondón

Verdegaia vén de solicitar, mediante a presentación dun escrito á Concellalía de Medio Ambiente do Concello de Redondela, que se tomen as medidas pertinentes para garantir a adecuada conservación dos valores naturais que alberga o redondelano río Fondón, curso fluvial que alberga unha enorme e valiosa biodiversidade ó mesmo tempo que sofre múltiples e diferentes impactos debidos á presión antrópica.

Máis información na enlace: www.verdegaia.org/content/view/629/1/

Posted by at 13:42:55 | Permalink | No Comments »

Sunday, August 10, 2008

Pontevedra Antitaurina

Como xa anunciamos neste blog, o pasado sábado, 9 de agosto do 2008, celebrouse ás 19:00 horas, na pontevedresa Praza da Peregrina unha concentración antitaurina convocada pola Plataforma Pontevedra Antitaurina, co apoio de organizacións coma Adega, Matar por matar, non, C.S. Revira ou Equanimal, e que se englobou nos actos propios da campaña “Galicia, mellor sen touradas” promovida pola ong Libera.

Ao acto acudiron uns 300 pontevedreses, entre os que se atopaba un activista de OAR e puidemos distinguir a presenza doutr@s 4 redondeláns/nas. Logo duns intres concentrados na Praza da Peregrina, @s organizadores decidiron facer un percorrido circular polas rúas próximas, feito polo cal foron advertidos polas forzas policiais do Estado que serían sancionados  a razón de 3000 euros por convocante (5) ó non estar autorizado o percorrido pola Subdelegación do Governo de Pontevedra. Os manifestantes percibimos  simpatía,  extraneza, ou indiferencia de moitos cidadáns que o mesmo tempo disfrutaban dos actos propios das Festas da Peregrina. O acto rematou na praza da Peregrina ca lectura do manifeston elaborado pola Plataforma Pontevedra Antitaurina http://pontevedraantitaurina.wordpress.com/manifesto-de-pontevedra-antitaurina/

As organizacións antitaurinas valoran positivamente o apoio cidadán á campaña “Galicia, mellor sen touradas”.

Posted by at 23:27:01 | Permalink | No Comments »

Saturday, August 2, 2008

Mobilización antitaurina en Pontevedra

A plataforma Pontevedra Anti-taurina convoca umha mobilización o sábado 9 de Agosto co obxectivo de erradicar da cidade as touradas, durante as que 24 touros van ser torturados, mutilados e desangrados ca complicidade das institucións públicas, que ou ben apoian economicamente este atavismo de origen española ou ben non fan nada contra estas. 

Entre as actividades que estan a realizar destaca a recollida de sinaturas a pe de rúa, así como o reparto de trípticos informativos, que estan a ter moi boa acollida. Tamén está prevista a realización dunhas mini-xornadas anti-taurinas, das que dan conta no seu blog: www.pontevedraantitaurina.wordpress.com

A de Pontevedra é a única praza de touros estáble de Galiza, e desde a a plataforma loitan pola súa desaparición e reconversión. Para iso precisan da nosa colaboración activa, así que aguardannos o sábado 9 de Agosto na praza da Peregrina. Desta vez vannos escoitar. 

A Plataforma fai tamén un chamamento aos colectivos e oganizacións galegas para que subscriban a convocatória e acudan con eles a expulsar a lacra taurina.

STOP TOURADAS. A TORTURA NON É ARTE NIN CULTURA!!

Posted by at 18:34:32 | Permalink | No Comments »