Friday, July 4, 2008

I Seminario Galego pola Abolición da Tauromaquia

A Organización Activista de Redondela, participará no I Seminario Galego pola Abolición da Tauromaquia, que se celebrará o vindeiro luns 21 de xullo, ás 16:00 hs. no Clube Internacional de Prensa,  sito na Avenida da Coruña, nº 6 Baixo, da cidade de Santiago de Compostela. O Seminario englobase dentro da campaña “Galicia, mellor sen touradas”, que dará comezo oficialmente o mesmo día do seminario, e que busca a fin da tauromaquia en Galicia. No mesmo, escoitaremos a conferencia de Jose Enrique Zaldívar, veterinario; autor do contraestudo que demostra o sufrimento dos touros, Óscar Horta, doutor en filosofía e profesor da Universidade de Santiago de Compostela e Jordi Casamitjana, Etólogo, zoólogo y coordinador de campañas del Comité Anti-Stierenvechten.

                                                                               

Tras a conferencia, terá lugar o estreo de Animal, un road movie que recorre os festexos máis atroces e aberrantes da xeografía estatal: Coria, Tordesillas, Pamplona, Denia, Delta del Ebro, etc.; o film conclue en Sitges, unha das 46 vilas españolas declaradas oficialmente antitaurinas. O documental participou en máis de 60 festivais de todo o mundo.

Mediante testimuñas de personalidades, activistas pro-dereitos dos animais, políticos, etc., Animal aborda a cruel realidade que se esconde tras a chamada festa nacional. Un denominado espectáculo de masas, que tan só o 14% da ciudadanía gallega apoia.

Posted by at 23:22:32 | Permalink | No Comments »

Thursday, July 3, 2008

DEMSU SOLUCIÓN!!!

 Dende este blog, a Organización Activista de Redondela, solidarizase cos traballadores de DEMSU, empresa do sector do metal, localizada no polígono do Rebullón, Mos, na que os traballadores veñen sufrindo a prepotencia e o acoso represivo da dirección da empresa hacia os/as traballadores/as, chegando a despedir a o traballador Fernando Collazo, veciño de Chapela, polo feito de estar de baixa laboral e exercer o seu dereito e ser unha persoa con dignidade.

 
(Fernando Collazo rodeado polos compañeiros da CGT)

Os traballadores de DEMSU veñen reclamando da dirección da empresa o cumprimento do convenio en diversas mateiras económicas, o dereito á participación dos traballadores na negociación da formación e nas vacacións, a debida atención ó representante dos traballadores e o respecto e educación hacia os/as traballadores/as, a fin da sobre explotación dos traballadores temporais e a negociación no cambio das condicións de traballo, nembargantes a actitude da empresa encamiñase na pretensión de precarizar ainda máis as condicións de traballo dos seus asalariados, retardando o cobro do salario, non recoñecendo subas salariais nin acordos acadados ante Inspección de Traballo, etc.

Os traballadores e traballadoras de DEMSU están decididos a que se lles respecte e poñerlle fin ós abusos. Por eso veñense manifestando e concentrando dende o mes de maio, tendo como prioridade a readmisión do seu compañeiro Fernando Collazo. Así veñen actuando en reiteradas concentracións os xoves, coma  a concentración-acto denuncia, o xoves 19 de Xuño de 2008, ás 10:15 horas da mañá, na empresa VICALSA, no Camiño do Caramuxo (Vigo), a concentración- acto denuncia, o xoves 26 de Xuño de 2008 ás 18:30 horas, na Asociación de Empresarios de Mos, e hoxe xoves 3 de xullo, concentramonos diante da empresa Hermanos Alfaro, no Camiño de Romeu, 45 (Vigo), ás 10:00 hs.. ( A dirección de DEMSU ten participación ou vinculación directa, con todas as empresas e asociacións motivos das concentracións informativas).

En OAR, vimonos concentrando cos compañeiros da CGT dende o pasado 26 de xuño, ante a Asocición de Empresarios de Mos, na que puidemos contar co apoio directo de tódolos traballadores implicados na recente folga da Recollida do Lixo de Redondela, cos que o propio Fernando Collazo, se tiña solidarizado e apoiado  nos momentos máis crudos da folga do lixo, cando a dirección de Urbaser despediu a tódolos traballadores folguistas.

A CGT informanos que as mobilizacións continuarán ata a readmisión de Fernando e así convocan a tódolos traballadores para o próximo xoves 10 de xullo, ás 10:00 hs. da mañá, ante a sede de ASIME, Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia, sita na Avda. Doutor Corbal, 51 “O Freixiño” (zona A Guía), en Teis (Vigo).

 
(Imaxe da sede de ASIME)

O luns, 14 de xullo do 2.008, no Xulgado do Social número 1,  de Vigo celebrarase ás 12:20 hs. o xuizo polo despido de Fernando Collazo.

Solicitamos a tódolos traballadores e traballadoras a solidaridade cos traballadores de DEMSU en especial co despedido, e que amosen o seu apoio acudindo as concentracións convocadas pola CGT de Vigo.

NON PERMITAMOS O DESPIDO DE FERNANDO.

NIN DESPIDOS, NIN REPRESIÓN.
DEMSU SOLUCIÓN!!!!

Máis Información: www.cgtgalicia.org

Posted by at 14:43:08 | Permalink | No Comments »