Thursday, June 26, 2008

III ROTEIRO POLO RÍO FONDÓN

A Asociación de Veciños de Chapela (Redondela) ca colaboración da Asociación ecoloxista Verdegaia, organiza un roteiro polo regato do Fondón que se celebrará o vindeiro domingo, 6 de xullo, con saía ás 10:30 hs. dende a sede da Asociación de Veciños de Chapela, sita na entrada ó Barrio da Igrexa de Chapela (enriba da oficiña de Correos da localidade).

Con este roteiro pretendese dar a coñecer o entorno natural do río Fondón, e para elo contase ca colaboración de Verdegaia que intentará que os/as participantes recoñezan e aprecien os valores naturais, biolóxicos, etc. do río Fondón. Así mesmo estase organizando a visita a un muiño que ainda está en funcionamento (posiblemente o único neste río).

Ó remate do roteiro está previsto un comida campeira na área de esparcemento do Monte Comunal de Cedeira, polo que A. VV. de Chapela, organiza cun servizo de caterin para quen o estime oportuno. Aqueles/as que queirades podedes levar a vosa propia comida, pero se vos interesa o servizo de caterin reservade o voso menú chamando ós teléfonos 986453034 ou 649376094, antes do 3 de xullo.

Posted by at 15:30:22 | Permalink | No Comments »

Wednesday, June 18, 2008

‘Cultura dos Xitanos e os problemas de integración

Disculpade que a información seguinte non sexa completa. Parece ser que dende Pontecaldelas, alguén ou algún colectivo, preocupado polos problemas que ultimamente se veñen dando ca integración dos xitanos e o realoxo en distintos lugares da xeografía galega (coma Pontecaldelas), organiza este venres 20 de xuño, ás 20:00 hs., na Casa da Cultura de Pontecaldelas, unha Charla-coloquio que versará sobre a ‘Cultura dos Xitanos e os problemas de integración, educación, vivenda e traballo. Recollemos esta información en Redondela donde se estan a difundir uns cartaces nos que se di: ‘A solución ós problemas da convivencia, é a información.’ e tamén din, ‘Non caias na espiral do descoñecemento e da intolerancia.’
 
Se eres tolerante/a, integrador ou se estás desinfomado/a ou estás interesado, o tes algo que aportar/decir. Acude a Charla-coloquio.
Posted by at 18:27:03 | Permalink | No Comments »

Teléfonos Móbiles. Máis aló da reciclaxe

Hoxe en día os residuos que xeramos nas nosas casas son cada vez máis perigosos. A mezcla dos mesmos e o deposito en lugares inaxeitados, dificultan a súa recliclaxe e recuperación, e supoñen unha ameaza contra o medio ambiente e polo tanto contra tódolos seres vivos (flora, fauna, ser humán) que nel habitan. En Galicia, os servizos de recollida selectiva ainda non están plenamente desenrolados, nin chegan a todas partes (concellos, vilas, parroquias), maís, poñendo un pouco de vontade e interese, se cadra, tomando algunha moléstia (dende un punto de vista práctico), ou sendo responsables do destino final dos nosos propios residuos que xeramos, existen iniciativas que poden axudarnos a darlle unha saida responsabel e sostibel.
 
Estes días se visitades as oficinas de correos das vosas localidades teredes a oportunidade de coñecer unha iniciativa práctica para a reutilización e reciclaxe deses teléfonos móbiles que xa non usades e tedes gardados nun caixón (nunca o tires ó lixo, por favor). 
 
Pero tamén podedes doalo e participar na iniciativa que organiza a Cruz Vermella  e a Fundación Entreculturas. Só tes que acercarte a túa oficiña de Correos e recoller unha bolsa especial prefranqueada, na que se introduce o mobil vello (só o mobil) e logo Correos entrega a estas organizacións. Os mobiles que reciben, se teñen utilidade, preparanse e vendense no mercado da segunda man e, se non se poden empregar, reciclanse tódolos seus compoñentes, evitando vertidos ó medio ambiente. Cos beneficios obtidos financianse proxectos humanitarios e de sensabilización ambiental, destas dúas organizacións.
 
Esta inicitaiva ten presencia nas oficiñas de Correos de Vigo, Redondela, Chapela, Soutomaior, Ponte Caldelas, Cangas, Moaña, Bueu, Marín, Nigrán, Tomiño, Tui, A Garda, Cuntis, A Estrada, etc (podes consultar máis lugares de recollida consultando www.donatumovil.org, clicando na sección de “Colaboradores” e logo, sobre a imaxe coorporativa de Correos).
 
 
Existen outras inicitivas de recollida e recuperación de teléfonos mobiles, e outros pequenos residuos, que noutra ocasión estaremos encatados de informarte. Esperamos que esta información fora do teu interese, e servira para que entre todos logremos un medio ambiente máis limpo e san.
Posted by at 17:51:30 | Permalink | No Comments »

Friday, June 6, 2008

DENUNCIA: Urbaser de Redondela vulnera a normativa de recollida e eliminación dos animais mortos

Cinco colectivos de Redondela: a “Organización Activista de Redondela” (OAR), a asociación “Amigos da Terra”, a asociación “Matar por Matar, NON”, a “Liga Veciñal de Redondela” e a “Asociación de Veciños de Chapela” , esperamos a resposta do Concello de Redondela en relación ca denuncia formulada ante esta administración e a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, o pasado xoves, 24 de abril, contra a consesionaria do Servizo de Recollida do Lixo do Concello de Redondela, Urbaser S.A., polo posibel incumprimento da normativa sobre a recollida e eliminación de animais mortos (Regulamento Europeo 1774/2002 do 3 de outubro do 2002), ao ser advertivos por distintos veciños de Redondela que o pasado 25 de marzo testemuñaron como operarios de Urbaser introducian un can morto (en atropelo de tráfico), no interior dun vehículo recolector de lixo, cos restantes residuos sólidos urbáns.

A denuncia foi presentada tras ter coñecemento do incumprimento habitual da normativa o procedemento de recollida e eliminación dos animais mortos en Redondela (e outros concellos) e previo asesoramento pola mesma Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, da normativa aplicable e o xeito legalmente establecido (adxuntamos copia).

O pasado 21 de maio, recibimos resposta da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, comunicandonos que instara ó Concello de Redondela, para as actuacións que se deriven da denuncia no ambito da súa competencia e tamén se lle solicitara información dos feitos que motivaron a denuncia. A resposta oficial recibida resúmese en que “os animais de compañía mortos efectivamente a sua destrucción está regulada polo Regulamento Europeo 1774/2002 do 3 de outubro de 2002 e en base a dito regulamento son clasificados como subproductos animais categoría, ‘material 1′ e como tales deberán ser destruidos nunha planta de trasformación ou nunha incineradora autorizada para subproductos ‘material tipo 1′. O trasporte ata tal instalación deberá ser feita pola propia empresa de destrucción ou por un trasportista rexistrado na Consellería de Medio Rural para o trasporte de subproductos ‘material 1′. O responsabel da destrucciçón adecuada dun cadaver dun animal de compañia e dos gastos derivados é o propio titular, salvo no caso dos animais sen propietario que corre a cargo do propio Concello onde apareza ó cadaver”

 

Segundo a lei 1/93 de 13/04/1993 de protección dos animais domésticos, o seu artigo 11, apartado 1, di que ‘os concellos recollerán os animais abandoados e os retendrán ata que sexan reclamdos, acollidos ou sacrificados‘. No apartado 2 do mesmo artigo di que ‘ se o animal non estáidentificado reterase por un prazod e 20 días tarscurrido o cal os centros de recollida poderán darllle o destino máis convinte, e só no último término o sacrificio.’

 

Posted by at 11:13:21 | Permalink | No Comments »