20/05/08: Charla - Coloquio A RÍA NON SE VENDE
Frente a isto, A RIA NON SE VENDE defende:
-
Preservar á Ría de Vigo como fonte de vida, traballo e riqueza natural.
-
Defensa da explotación pesqueira e marisqueira frente á especulación urbanística e industrial, apostando polo mantemento dos máis de 15.000 postos de traballo que dependen directamente dos recursos produtivos da Ría de Vigo.
-
Eliminación da contaminación actual mediante a aplicación de medidas responsabeis de control de verquidos, xunto con sistemas de depuración de demostrada eficacia e non contaminantes.
-
A paralización inmediata dos proxectos de recheos previstos pola Autoridade Portuaria de Vigo.
-
Impedir a instalación de máis portos deportivos na ría, asi como reclamar a aplicación da lei nos xa existentes.
-
A Ría de Vigo como un ben público de desfrute colectivo, mediante a conservación da sua paisaxe e forma de vida, frente a destrucción da natureza a mans de intereses políticos e particulares.
Por todo isto, cremos compartir razóns e esperanzas con toda a veciñanza que vivimos nesta Ría de Vigo, e que non queremos malvivir baixo unha faixa de cemento, merda e iates de luxo. E polo tanto convidamos a todos os seitores sociais que sintan sua a defensa da Ría de Vigo, a participar na MANIFESTACIÓN DO 25 DE MAIO ás 12:00 h. dende a Praza da Estrela até Bouzas.
