Thursday, April 24, 2008

25-04-08 MANIFESTACIÓN: Non á autorización ambiental a Ence-Elnosa

OAR convida á Manifestación que se levará a cabo o vindeiro venres 25 de abril, ás 20:30hs (Praza da Ferrería - Pontevedra), en contra da autorización ambiental a Ence-Elnosa.

Toda a información, na páxina da Asociación pola defensa da Ría (APDR)

Posted by at 10:45:29 | Permalink | No Comments »

Wednesday, April 16, 2008

18-04-08: Proxección + Debate: “UNHA LOUSA SOBRE O COUREL”


O vindeiro venres 18 de abril, a Asociación Activista de Redondela (OAR) convócavos á Proxección do documental “UNHA LOUSA SOBRE O COUREL”:
“UNHA LOUSA SOBRE O COUREL”, trata sobre a ruptura do muro de desinformación “interesada” que se foi texendo en torno á canteira de A Campa, na serra de O COUREL, tratando de facer crer aos seus habitantes que a única alternativa de traballo pasa pola existencia da canteira, impedindo así o desenrolo dun Parque Natural, que sería a solución máis idónea para esta privilexiada comarca, a de maior diversidade de Galicia.

Esta proxección terá lugar no multiusos da Xunqueira, a partir das 20hs,, e posteriormente se levará a cabo un debate ao que acudirán membros de OAR, do colectivo AMIGOS DA TERRA, e contará coa presencia da súa productora, Mabel Rivera, así coma o seu director, Henrique Banet.

Agardamos contar coa vosa presenza, para darvos a conhecer a situación actual desta paraxe que se non o remediamos, tende a desaparecer.

+ INFO: NAMCHEFILMS

Posted by at 19:11:09 | Permalink | No Comments »

19-04-08: Por un novo modelo urbano e de mobilidade (VIGO)

+ INFO: PRECARIAS
CONVOCA: PRECARIAS EN LOITA

Posted by at 18:52:57 | Permalink | No Comments »

20/04/08 - Concentración en Cangas - SOS MASSÓ

A ameaza de inicio de obras do porto deportivo do Salgueirón forma parte dun macabro xogo para forzar a recualificación dos terreos da antiga conserveira Massó no Salgueirón, os 197.400 m2 da unidade de actuación nº 27, dos que a mercantil Residencial Marina Atlántico S.A. di que posúe uns 150.000. A cualificación actual é de industrial nun 90% e residencial nun 10%. Un grupo de ex-traballadores da factoría tamén son propietarios de terreos na U.A.27 posto que mercaron as casas que tiñan asignadas, representan uns 15.000 m2.

A elaboración dun novo Plan Xeral está nos seus comezos, a data prevista para a presentación do avance era febreiro, e existe a promesa de presentación de un pre-avance aos colectivos sociais do concello, agrupados nun Consello Sectorial de Urbanismo, que presentaron suxerencias antes do 15 de decembro pasado.

A incógnita sobre o contido do avance é total, ACE, un dos grupos no goberno local e posuidor da concellería de urbanismo, propugnaba no seu programa un Salgueirón público, a traveso da negociación ou mesmo da expropiación; o BNG rexeitaba pronunciarse explicitamente no seu programa pero prometía participación veciñal e “un camiño totalmente diferente” ao do urbanismo do PP dende 1999; e o PSdeG PSOE local sempre se pronunciou como favorable a unha recualificación especulativa.

Evidentemente, o contido do citado avance marcará o rumbo da batalla veciñal en contra da especulación e da destrución medioambiental que produciría o pretendido porto deportivo, situado nunha zona de gran valor natural e que podería afectar de xeito moi importante á dinámica litoral e a economía pesqueira da ría.

Mentres tanto, a batalla legal continúa coa presentación de un escrito á Garda Civil de Cangas pedindo a intervención no caso de que as obras dean comezo, baseandose nas denuncias en curso; e unha petición de paralización cautelar dirixida á Fiscalía da Audiencia Provincial de Pontevedra, acompañando documentación que proba as diferentes ilegalidades cometidas na tramitación da concesión de porto deportivo.

——————————-

INFO: GALIZA NON SE VENDE

Posted by at 14:09:07 | Permalink | No Comments »