Estes días saíu á luz pública o estado ruinoso das instalacións do Clube de Remo de Cesantes. Hai que lembrar que estas instalacións tenhen máis de 30 anos, e non son máis que unha pequena caseta (empregada no seu momento como “caseta de obra” na construcción da ponte de Rande), de escasos 220 metros cadrados.
A comezos do ano 2007 o Concelho presentou un proxecto para a renovación de estas instalacións, coa construcción dunha nova sede social na mesma ubicación que o actual. Esta nova instalación tería as comodidades precisas para o desenvolvemento da actividade do Clube de Remo de Cesantes: sala de masaxes, ximnasio, cafetería, etc.
Pasou máis de un ano dende que o alcalde de Redondela remitira o proxecto á Xefatura de Costas de Pontevedra, agardando a concesión administrativa dos terreos precisos para a execución da instalación, pero a día de hoxe, non hai ningún cambio.
A directiva do clube estase a plantexar acudir a adestrar ás portas do Concelho, como medida de presión.
Non hai que esquecer tampouco que o número de deportistas elévase a 30 personas, que debido á falta de instalacións, non poden competir con igualdade frente a outros clubes.
——–
máis info:
FARO DE VIGO (11/02/07)
RADIO REDONDELA (04/03/08)
FARO DE VIGO (04/03/08)