Monday, January 28, 2008

01/02/08: Manifestación “POLA DEFENSA DO NOSO TERRITORIO E O FOMENTO DO TRANSPORTE PÚBLICO”

Dende OAR, queremos convidar á manifestación que convocan a Plataforma Cidadá contra a Autovía e a Federación de AA.VV. “San Simón”, prevista para o vindeiro venres 1 de febreiro de 2008, a partir das 20hs, e con saída dende o aparcadoiro da depuradora (E.D.A.R.) de Redondela, sita na Avda. de Mendinho (Redondela).

Para máis información podedes consultar o blog da Plataforma Cidadá en: plataformaredondela.blogsome.com

Agradecemos a vosa participación, así coma a máxima difusión desta manifestación, entre compañeir@s, amig@s, etc. e en xeral persoas conscientes, solidarias e sensibilizadas cas problemáticas aludidas.

Manifesto Plataforma Cidadá contra a Autovía

O trazado proposto para a autovía vai destruir casas en varios barrios de parróquias como o Viso, Vilar (Redondela), Alxán (Soutomaior) ou Pontesampaio, deixando afectados cen metros a cada lado, e queremos demostrarlles a estes veciños que non están sós e contan coa solidariedade de todos os cidadáns; a mesma solidariedade que se demostrou contra as variantes de Redondela.

Ademáis, a Autovía vai acabar para sempre con boa parte dos montes do noso entorno que, a parte de seren a natureza que temos, son unha fonte de ingresos (¿de donde saen os cartos para as Casas de Cultura, as festas, etc. ?) importante para todas as parroquias. O día que a Autovía leve eses montes, pagarán uns €uros que darán para uns meses, e despois adeus a toda a potencial riqueza que os nosos montes poden producir.

Non só o monte periga: tamén o marisqueo e os recursos mariños. Unha vez construída a autovía, a auga doce da choiva vai correr cara o mar moito máis rápido e vai arrastrar terra do monte á enseada. Isto sábase, pero non se lle di á xente.

Por certo, que esa auga doce sería a que hoxe recollen os mananciais dos que bebemos en moitas parróquias. Tamén se sabe que eses mananciais se perderán por culpa da Autovía, pero o Concello de Redondela parece non importarlle.

O tráfico de Redondela, Vigo ou Pontevedra colapsamolo todas e todos movéndonos en coche e, como non nos dan máis alternativas cada vez haberá máis coches nas estradas e máis atascos nas vilas. ¿Por qué non nos dín que a autovía non vai a solucionar ese problema?

Como problema temos cando queremos ir a Vigo ou Pontevedra e non topamos onde aparcar (sen ser pagando), ou peor aínda o problema que teñen as persoas maiores ou aqueles que non conducen, dependentes de outros que os leven e os traian. ¿Soluciona iso a Autovía? ¿Ou solucionaríase se os autobuses pasaran polas parróquias e fosen puntuais e baratos? ¿E porque non, gratis? Se van gastar 250 millóns de euros nunha autovía polo monte, que os gasten nun trasporte eficaz e que cree postos de traballo duradeiros.

Porque con eses cartos, poderíase traer os especialistas médicos a Redondela e Soutomaior un día por semana, no lugar de ter que ir nos a Vigo ou Pontevedra onda eles, ou fomentar o comercio local para evitarmos marchar a comprar a outros lugares, e así moitas solucións a probelams reais que temos todos os cidadáns, non a posibilidade de chegar a Vigo ou Ourense, cinco minutos antes.

AUTOVÍA NON!

TRANSPORTE PÚBLICO, SI!

SERVICIOS NOS CONCELLOS, SI!

QUEREMOS QUE OS NOSOS CONCELLOS PIDAN INVERSIÓNS ÚTILES, NON DESTRUIR A TERRA NA QUE VIVIMOS!

Posted by at 18:43:28 | Permalink | No Comments »

01/02/08: Conferencia de Antonio Grimaldos (organiza Colectivo Republicano de Redondela)

O vindeiro venres, 1 de febreiro do 2.008, ás 21:30 hs.,no Multiusos da Xunqueira da vila de Redondela, o Colectivo Republicano de Redondela, organiza unha conferencia de AlfredoGrimaldos (periodista e escritor), autor de varias obras entre as quese inclue ‘A sombra de Franco na Transición’, ‘La CIA en España’, etc.
Breve Biografía:
ALFREDO GRIMALDOS FEITO (Madrid, 1956) é licenciado en Ciencias daInformación pola Universidade Complutense de Madrid. Cursou seusestudos desde 1974 ata 1980, anos de intensa actividade política nauniversidade e nas rúas. Comezou a escribir, con menos de 20 anos,nalgunhas das publicacións que floreceron inmediatamente despois damorte de Franco, como Alternativas, España Crítica ou Tricolor. En1977 integrouse no Equipo de redacción de Edicións de la Torre epublicou o libro ‘Contra el Pacto de la Moncloa’. Foi redactor dosdiarios Liberación e La Tarde de Madrid e dirixiu a revista ÁreaCrítica. Escribiu numerosos artígos relacionados con distintos aspectosda Transición en revistas como Interviu, Actual, Motivos de Actualidadou Artículo 20. Desde 1990 é colaborador de El Mundo e crítico flamencodeste diario. Durante os anos 2001 e 2002 formou parte do equipo deinvestigación da serie ‘Crónica de una Generación’, elaborada por ElMundo TV para Antena 3.

Posted by at 17:22:40 | Permalink | No Comments »

Friday, January 25, 2008

27/01: Cacería de Raposos en Portomarín (LUGO)

¡¡ NON A OS “CAMPIONATOS” DE CAZA DE RAPOSO EN GALICIA!!

Asinan este Manifesto, entre outras, as siguientes Asociacións:
ADEGA, Amigos da Terra, EQUANIMAL, Fundación Altarriba, GAS (Grupo Axitación
Social – Vigo)
, Libera, Matar por Matar NON, PACMA (Partido Antitaurino Contra el
Maltrato Animal
), (SEO (Sociedad Española de Ornitoloixía), Sociedade Ecoloxita Outeiro,
Verdegaia

En Galicia está a se perpetrar un dos maiores atentados contra a fauna autóctona e silvestre da pouca que aínda consegue sobrevivir á continua destrucción do medio natural e a os abusos da actividade cinexética. Todo, con el consentimento da Conselleria de Medio Ambiente, por diversión e para xustificar unas subvencións que a Conselleria de Cultura e Deporte dá á Federación Galega de Caza.
Tratase das continuas “Ligas” e “Campionatos” de caza de raposo que, solo entre os meses de decembro e xaneiro, suman xa DEZ matanzas seguidas.
Organizáronse, en decembro, CINCO “Ligas” de caza de raposo no sur de Lugo e están programados, para xaneiro, outros catro “campionatos provinciais”, uno en cada provincia, más o “campionato” galego.
No é tema banal nin broma de catro individuos xa que, no “IV campionato nacional de caza de raposo”, celebrado o pasado febreiro en o Carballiño, participaron nada menos que NOVECENTOS “competidores”, organizados en cuadrillas de dez cazadores que, de maneira sistemática e coordinada, disputaron para matar o maior número posible de animais.


Non fora suficiente o atentado contra a fauna e a crueldade do pretendido “deporte”, senon que , ademais, a Federación Galega de Caza, para xustificar estas matanzas con la “suposta” abundancia de zorros existente, está aportando censos que, nos casos que temos comprobado, están “inflados” en hasta o 1.600 % sobre o que os estudios técnicos existentes dan como biolóxicamente posible.
Tamén temos informado oficialmente á Consellería de Medio Ambiente deste extremo aportando a documentación necesaria, por lo cal, consideramos intolerable que, a pesar da evidencia de posibles irregularidades, este órgano non suspenda de inmediato estes “campionatos” e proceda, como se lle ten solicitado, á comprobación dos plans de
aproveitamento cinexético dos Tecores que se prestan a esta actividade nos seus territorios.
Rechazamos enerxicamente o comportamento brutal e depredador da Federación Galega de Caza, tanto nestes campionatos como nos que, durante todo el año e con fins económicos, organizan matando animais de granxa en espacios reducidos.
Esiximos á Consellería de Medio Ambiente que cumpra con a súa obriga de protexer o noso medio e a nosa fauna de depredadores sen escrúpulos que organizan matanzas por diversión e para recibir subvenciones inxustificadas. Que investigue as posibles irregularidades na documentación anual dos Tecores, as razóns de que datos claramente falseados teñan pasado a súa supervisión e que aplique a lei de caza como se supón que es súa obriga.
Esiximos á Consellería de Cultura e Deporte que retire as subvencións que está outorgando a o lobby da caza porque nada ten que ver con a cultura, porque non o necesitan, porque son la causa de este tipo de “campionatos” e porque nada teñen que ver con os valores do deporte a non ser desprestixiar a nobre actividade deportiva.


¡¡ NON Á MATANZA DE RAPOSOS EN GALICIA!!

Posted by at 12:42:54 | Permalink | No Comments »

Thursday, January 24, 2008

24/01/08: Xornadas contra o Tratado de Lisboa

Xoves 24 de Xaneiro as 20h na Cova Dos Ratos (r/Romil,3) :

Charla-Coloquio: ¿Qué é o Tratado de Lisboa?

Un instrumento que reforza as políticas neoliberais, a competitividade e o déficit democrático da Unión Europea, perpetúa o poder das multinacionais e incrementa a represión e a militarización de Europa, con graves consecuencias sociais (máis desemprego, pobreza e precariedade) e medioambientais (máis Cambio Climático, por exemplo).

Na semana de acción global do Foro Social Mundial (21-26 de xaneiro) analizaranse os moitos impactos que teñen as políticas da Unión Europea sobre as nosas vidas e o planeta, e cómo profundizan a dinámica “todo se vende” á cal nos enfrontamos cada vez máis persoas berrando “O noso mundo non está en venda” e “Galiza non se vende”…

Ponente: Tom Kucharz, Ecologistas en Acción e Verdegaia

 

O Tratado de Lisboa é unha modificación disfrazada, e con escasos cambios, do Tratado Constitucional Europeo, que foi rexeitado por antisocial en Francia e Holanda en maio de 2005.

O Tratado non se someterá a referendo popular en ningún país, nin sequera entre os que rexeitaron o proxecto de Constitución Europea. Só se votará en Irlanda, por imperativo legal.

O desafío actual da Unión Europea é converterse nunha superpotencia mundial. Para iso necesitamos aumentar o territorio baixo o noso control (de aí a ampliación a países do Este e a sinatura de acordos de libre comercio) e convertérmonos nun poder político e militar de primeira orde.

O grande obxectivo da UE é o crecemento económico (art.3), e o motor que a dirixe é o principio de competencia (protocolo nº 6), a fin de eliminar os “obstáculos” ao libre comercio mundial (art.10A e 188B), garantir a libre circulación de capitais (art.56 e 57-3) e lograr a estabilidade de prezos (art.3), que será o único obxectivo do Banco Central Europeo (art.108).

Os Servizos Públicos (como a atención sanitaria, a educación, o abastecemento de auga potábel, o transporte colectivo, o correo, ou as atencións sociais ás persoas maiores) quedan suxeitos ás normas da competencia (art.86 e 87), polo que iranse convertendo en negocios mercantís xestionados por multinacionais.

A Carta de Dereitos Fundamentais non recoñece o dereito ao traballo nin ao emprego, senón só o xenérico “dereito a traballar”, e substitúe o dereito á seguridade social e aos servizos sociais polo “dereito de acceso ás prestacións de seguridade social e aos servizos sociais”.

Os estados máis ricos (Alemaña, Francia e Reino Unido) terán máis peso mediante o novo sistema de toma de decisións, avanzando así cara a unha UE a “varias velocidades”, onde os países menos poderosos terán cada vez menor capacidade de decisión.

A construción da UE implica un distanciamento cada vez maior entre os lugares de produción e os de consumo, que son conectados a través das grandes infraestruturas de transporte e de conexión enerxética. Isto implica miles de km2 de asfalto e formigón, o incremento das emisións de CO2 á atmosfera (causantes do cambio climático) e a segmentación do territorio, o cal ameaza aínda máis a biodiversidade.

O Tratado de Lisboa aumenta as desigualdades, xa que, se ben o control da inflación e do déficit son obxectivos da UE, non o son a erradicación do paro e da precariedade. A Unión non recolle o dereito a un ingreso básico universal ou o de poder residir nunha vivenda digna. Ademais, ás persoas inmigrantes non se lles recoñecen dereitos tan básicos como os referidos ao lugar de residencia ou ao voto.

Redúcense os ámbitos nos que existe dereito de veto polos estados favorecendo así que as decisións sexan tomadas pola UE.

Afírmase a libre circulación da cidadanía europea (art.18) dentro do marco de peche de fronteiras á inmigración exterior.

O Tratado recorta as liberdades. En Bruxelas hai 15.000 lobbystas dedicados a presionar para que as lexislacións que emanan da UE sirvan aos intereses dos grandes capitais. A participación popular está limitada para permitir que as decisións se tomen de forma máis áxil. Ademais, coa escusa da loita contra o terrorismo tivemos que restrinxir as liberdades individuais da poboación para garantir “seguridade”.

Para ampliar esta información:
http://www.tratadolisboa.blogspot.com/

Organizan: Rede A Ría Non se Vende (Salvemos Monteferro, Centro Social A Revolta, Plataforma pola defensa da enseada San Simón, Luita Verde, Bouzas Móvete, Asociación Cultural Caleidoskopio, Verdegaia, Foro Social de Cangas, Colectivo Nacionalista de Marín, G.A.S., Plataforma para a Conservación do Litoral de Bueu Anduxía e OAR), Xogo Descubertoe CGT.

Posted by at 12:45:08 | Permalink | No Comments »

Wednesday, January 23, 2008

23/01: A Marcha Mundial das Mulleres convoca concentracións polo dereito ao aborto

Diante das agresións e vulneracións de dereitos que veñen sucedendose nas últimas semanas, e que están afectando tanto a mulleres que interrumpiron o embarazo, como ao persoal que traballa nas clínicas onde se realiza a IVE, o próximo mércores 23 de xaneiro às 20hs a Marcha Mundial das Mulleres convoca concentracións en varias cidades do país:

* LUGO Praza do Concello
* VIGO diante do MARCO
* CORUÑA no Obelisco
* COMPOSTELA no Toural
* FERROL diante do Edificio da Xunta
* PONTEVEDRA na Praza 8 de Marzo

A Coordenadora Nacional reunida o sábado 19 decideu comezar unha campaña de recollida de autoinculpacións que se presentarán nos xulgados o próximo 8 de Marzo, coincidindo co Dia Internacional das Mulleres.

ABORTO LIBRE E GRATUITO NA SANIDADE PÚBLICA XA!!!

Posted by at 09:29:25 | Permalink | No Comments »

23/01: Acción de apoio a Isaac Díaz Pardo e presentación do Nº Cero do Xornal Galicia

Convocan: Burla Negra e Arredemo

• Lugar: Instituto Galego da Información (IGI) Estrada de Lavacolla,
Santiago de Compostela
• Día: Mércores 23 de xaneiro
• Hora: a partir das 18:00 horas.
• PRESENTACIÓN DO XORNAL: 19:30 horas

Coincidindo coa sesión da xunta de accionistas do IGI, na que previsiblemente o seu fundador, Isaac Díaz Pardo, será definitivamente afastado como conselleiro delegado do ente, convocamos as persoas e colectivos participantes no Foro Negro e demais colectivos e persoas comprometidas coa cultura galega a participar da acción.

Arredemo fai tamén un chamamento á distribución colectiva do nº Cero do Xornal Galicia aos socios da rede e a persoas e colectivos interesados en facer chegar esta acción en rede ao seu entorno máis próximo.
O Galicia estará dispoñible en librerías e quioscos a partir do xoves desta semana.
Ao mesmo tempo, no propio acto estarán dispoñibles exemplares para a súa venta e para a rede de distribución.

Posted by at 09:20:55 | Permalink | No Comments »

Thursday, January 17, 2008

FORO NEGRO: A necesidade de gobernar o descontento

SÁBADO 19 DE XANEIRO, no INSTITUTO GALEGO DE INFORMACIÓN (IGI) , en Santiago de Compostela

O vindeiro sábado 19 de Xaneiro a Rede de Acción Socio-Cultural Arredemo presenta a nova xeira do portal www.arredemo.info no Instituto Galego de Información (IGI) a poucos días do afastamento definitivo de Isaac Díaz Pardo da dirección do grupo Sargadelos. No contexto desta agresión, reábrese o Foro Negro como punto de encontro, reflexión, debate e denuncia das outras tantas agresións que estamos a padecer no social, no ambiental, no político e no cultural.

No mesmo día presentarase o número cero do Xornal Galicia como reflexión colectiva e análise da situación social e cultural do país, que servirá como documento base do foro e iniciativa de apoio a Isaac aderida ao manifesto que vai servir de base da campaña social.

Máis info: arredemo.info e arredemo.info

Posted by at 23:18:01 | Permalink | No Comments »