Wednesday, November 7, 2007

Concentración en apoio aos trabalhadores de URBASER

Dende hai dez días, os trabalhadores de Urbaser (concesionaria da recolhida do lixo en Redondela) están mantendo unha folga para esixir unhas dignas condicións laborais.

Pasados os primeiros días, a decisión da empresa Urbaser é a de despedir a 9 dos 11 trabalhadores, simplemente polo feito de exercer o seu dereito á folga, eliminando calquera posibilidade de achegamento sindical-empresarial.


Dende o martes día 6 estanse a manter reunións a tres bandas (representante sindical, empresa e delegación de trabalho), sen obter sequera a primeira das premisas solicitadas nestes intres polos trabalhadores: a readmisión dos companheiros despedidos.

Lonxe de solucionarse o problema, parece que cada día que pasa a situación se agrava, e a posibilidade de entendemento polas partes implicadas se vai esvaecendo.

Asímesmo, tamén é decepcionante a actuación do Concelho no tema: en ningún momento se dignaron a mediar no conflicto entre ámbalas partes. Hai que lembrar, que este mesmo Concelho (cos mesmos dirixentes), foi o que firmou, uns meses antes das eleccións municipais, a renovación da concesión a Urbaser por 20 ANOS!!!.



Por todo isto, agradeceríamos o maior apoio posible aos companheiros en folga, para tentar presionar o máximo posible tanto á empresa Urbaser coma ao Concelho de Redondela, polo que ….



dende OAR convocamos ás vecinhas e vecinhos de Redondela a asistir ás concentracións que terán lugar TÓDOLOS DÍAS ata que os trabalhadores despedidos sexan readmitidos e as súas xustas reivindicacións atendidas, ás 20h, nas portas do Concelho de Redondela.
Posted by at 22:38:31 | Permalink | Comments (7)

Tuesday, November 6, 2007

COMUNICADO VECIÑAL ANTE A FOLGA DOS TRABALLADORES DE URBASER


A Liga Vecinhal de Redondela, o Colectivo Republicano de Redondela, Alén Nós, O.A.R. (Organización Activista de Redondela) e a Plataforma contra a Autovía, ante a situación de folga que mantenhen os trabalhadores da recollida do lixo dende o pasado 28 de outubro, emiten o seguinte comunicado:

Os colectivos sociais, culturais e vecinhais que asinamos entendemos que os cidadáns de Redondela debemos comprender que, a pesar das molestias que ocasiona a non recollida do lixo, os traballadores tenhen moitos e gravísimos motivos para esta folga:

1) Tenhen uns salarios miserables, que ninguén querería para os seus filhos.

2) Tenhen unhas condicións de trabalho vergonhentas, e só piden que, como antes, haxa un conductor e dous peóns por cada camión. En certos caminhos con desniveis pronunciadísimos o mover un só peón os novos contenedores (máis grandes que os anteriores) resulta ser unha acción temeraria e inhumana.

3) O senhor Martínez Anido, responsable da empresa Urbaser en Redondela ten un comportamento provocador e chulesco cos trabalhadores, que raia no enfermizo. Algúns vecinhos de Redondela puidémolo comprobar o pasado venres 4 de novembro, diante da nave que ten a empresa xunto á estación de Renfe.

4) Urbaser segue a actuar da mesma maneira que cando era acusada de incumpridora polo responsable político do servizo, o sr. Carlos Pazos, concelheiro de Medio Ambiente en Redondela quen, sen embargo, non tivo empacho en proponher, poucos días antes das eleccións pasadas, a renovación ¡¡POR VINTE ANOS!! a unha empresa de actuacións piratas que cobraba dúas veces por retirar o mesmo lixo (así se denunciou na prensa no seu día).

5) Non é certo que o servizo en mans de Urbaser sexa máis eficaz e máis barato. Ningunha multinacional viría a facerse cargo do servizo senón houbese un negocio lucrativo (que sairía moito máis barato se estivese nas mans do concelho).

6) O servizo é peor e non chega a todos os vecinhos, non se lavan os contenedores máis que cando hai presión social, cada vez é máis caro, e moitos dos novos contenedores foron ubicados en lugares perigosos para os viandantes, os conductores e os propios trabalhadores de Urbaser.

7) Cada vez que Urbaser se fixo cargo do servizo, ao pouco renegociábase o prezo á alta para darlhe máis dinheiro á empresa, subas que logo son pagadas por todos nós.

8) O concelho sempre aparece como irresponsable diante do mal funcionamento dos servizos privatizados: non se xunta a comisión de servizos privatizados, e cando un cidadán protesta, o concelheiro di que non é cousa del e remiteo á empresa.

Ante isto, os colectivos sociais que asinamos este comunicado, pedimos:

-AO POBO DE REDONDELA que entenda e sexa solidario cos trabalhadores,

-Á EMPRESA, que readmita aos nove trabalhadores despedidos por exercer o seu dereito á folga e lhes ofreza as xustas condicións que lhes esixen,

-AO CONCELHO, que medie no conflicto e obrigue á empresa a negociar cos trabalhadores e a readmitir aos despedidos, ou no caso contrario lhe rescinda o contrato á empresa.

-AO CONCELHEIRO DE MEDIO AMBIENTE, que por unha vez deixe de ser irresponsable político e use da súa forza cos poderosos, ou dimita como concelheiro, por irresponsable e contradictorio

Posted by at 21:18:30 | Permalink | Comments (1) »