Saturday, October 20, 2007

LIXO NA FEIRA

Tódolos días 6 e 21 de cada mes celébrase en Redondela o tradicional mercado da feira no que a venda de distintos productos téxtiles, alimentarios, de menaxe do fogar, prantas, apeiros de labranza, etc. , favorece a economía local e sirve de pulo ao pequeno comercio local. Mais desgraciadamente tamén provocan o efecto negativo, e evitabel, de crear problemas de limpeza, polo exceso lixo xerado polo incívico costume de cidadáns e vendedores ambulantes de tirar o chan ou non recolher o lixo propio da actividade comercial. O problema xurde, cando debido ao vento, o lixo trasladase non so as rúas colindantes, se non tamén ó río Alvedosa, que o transporta ata a enseada de San Simón.

 

Como cidadáns creemos que o problema ten unha doada solución, e pasaría pola posta de interés da administración local, a participación cidadana e gustaríanos poder contar coa colaboración por parte dos vendedores ambulantes para evitar esta desfeita quincenal, así coma esixir ao Concello de Redondela aumentar os medios posibles para a recollida do lixo nos lugares de feiras e outros eventos de asistencia maxiva: campañas de concienciación, bolsas de plástico, contenedores, papeleiras, etc.

E non queremos esquecer en ningún momento que,

  1. Tal e como figura no Regulamento Municipal Regulador da Venda Ambulante no Concelho de Redondela, publicado no BOP nº 50 do 14 de marzo de 2005, no seu punto 2 indica que “Para o exercicio da venda ambulante será indispensabel dispoñer da autorización para a instalación e utilización dos postos para a finalidade que se lles asigne e cos límites e contidos que se fixen na mesma e neste Regulamento.

  2. Ademáis, neste mesmo número do BOP, no seu Artigo 15, e no seu apartado c, indícase claramente que a obriga dos titulares das autorizacións, será a de “Manter as instalacións, postos e demáis elementos de venda nas debidas condicións de seguridade, hixiene, conservación e limpeza. Ao remate da xornada comercial deberán recoller todos os desperdicios e embalaxes, debidamente atados e depositados nos contenedores para facilitar a ulterior tarefa de recollida de lixo.”

  3. Asímesmo no Artigo 17 se califica como falta leve, entre outras máis, “a falta de limpeza das instalacións e a zona circundante inmediata á mesma”, e “Non deixar recollido o lugar onde estivo instalado”. como falta leve, a sanción pode estar entre os 30 e os 750€. A reiteración por dúas veces no periodo de tres meses, considerase falta grave e pode supoñer sancións de 1.501 a 3.000€, ou a retirada da autorización municipal.

Fomentemos o civismo: coa xeración de lixo intencionadamente estamos convertendo, cada día máis, a nosa vila nunha esterqueira.


Posted by at 19:08:40 | Permalink | No Comments »