Friday, July 27, 2007

Animais Abandonados

 

Preto de 200.000 abandonos de animais se producen no veran, aínda que tamén son elevados en número os abandonos logo do Nadal, ao rematar a tempada de caza, etcétera.

· A lei de “Protección de animais domésticos” considera que abandonar ou maltratar a un animal é unha infracción moi grave, castigada con multas de entre 1.500 e 15.000 €..

· 30 millóns de animais morren atropelados cada ano nas estradas espanholas. De eles, 9 millóns son anfibios, 4 millóns reptís, 10 millóns aves, e 5 millóns mamíferos.

 

· 0s animais son unha responsabilidade que se non imos cumprir, é mellor non acollela: non son un xoguete para agasallo, nin un capricho. 0 futuro destes animais abandonados é triste, doloroso e incerto. Sofren unha deterioración física e psicolóxica, moitos son empregados en pelexas, outros morren atropelados.

 

A educación e a concienciación da poboación é a única forma de erradicar o abandono dos animais, por iso, antes de decidirse por adquirir ou adoptar un animal, sería recomendable realizar algunhas reflexións:

-Ser consciente que un animal de companha non é un xoguete. É un ser vivo ao que debemos respectar e que ten unhas necesidades físicas e emocionais, as cales debemos estar seguros de que podemos satisfacer.

-Saber que cada animal ten un carácter distinto que vén determinado pola raza, a idade e a educación que lle deron os seus anteriores propietarios.

-Decidir reflexivamente qué animal queremos, tendo en conta cal adáptase mellor ao noso estilo de vida.

-Se se está pensando nunha raza en concreto, informarse sobre as súas particularidades. É importante coñecer que características ten esa raza, que coidados vai requirir, etc.

-Disponhemos de suficiente espazo e tempo para adicarlle-lo? (para pasealo, asealo, xogar con el, etc).

-Concienciarnos de que imos ter que coidar durante moitos anos e do gasto e tempo que iso nos vai comportar.

É moi habitual que nos fogares conviva algún tipo de animal de companha: cans, gatos, aves e cada vez máis, animais exóticos como lagartos, iguanas, etc. Na maioría dos casos, estes animais atópanse perfectamente atendidos polos seus donos, pero noutras situacións, as mascotas apenas chegan a ser temporalmente os xoguetinhos dos nenos ou o capricho dos maiores; comprados de cachorros pola súa aparencia xoguetona e carinhosa, convértense co tempo nunha molestia para o propietario, acabando en moitas ocasións maltratados e/ou abandonados en calquera estrada, escampado ou floco.

Segundo os artigos 5 e 6 da “Declaración dos Dereitos dos Animais” aprobado pola UNESCO e a ONU: “todo animal pertencente a unha especie que vive tradicionalmente no ambiente do humano ten dereito a crecer e a vivir ao ritmo e nas condicións de vida e liberdade que sexan propias á súa especie” e “todo animal que o home elixa como compañeiro ten dereito a que a duración da súa vida sexa conforme á súa lonxevidade natural”. A pesar diso, nos centros de protección de animais aparecen continuamente especies en grao sumo variado, pero segue sendo o can o máis afectado e, de forma sistemática e cada vez maior na época estival, cando chegan as vacacións e non se conta coa mascota.

O problema radica en que moitas persoas conciben aos animais como elementos de “usar e tirar” que sobran unha vez cumprida a función para a que foi adquirido (xogo de nenos, caza, etc.) ou cando o animal presenta algún problema ou enfermidade molesta. A cuestión é saber valorar as responsabilidades adquiridas no momento da compra; o seu mantemento e coidado en perfecto estado, dous ou tres paseos diarios, visitas ao veterinario, educación e teimas do animal, *etc; todo un suplicio para quen non se atope preparado para todo iso.

A nivel estatal, as cifras son realmente alarmantes; a pesar de non existir censos reais de animais abandonados, segundo a Asociación para o Fomento da Adopción de Animais de Compañía Abandonados (ASOFACA), o 60% das familias que convive cunha mascota abandónana antes do primeiro ano, mentres que a cifra anual global de abandonos ascende a máis de 200.000. A maioría destes animais morre principalmente atropelada mentres esperan que os seus donos os recollan da estrada, ademais de enfermos, maltratados ou sacrificados en flocos municipais.

Tan só un 7% aproximadamente acaban adoptados por unha nova familia. Unha das alternativas máis recomendable, é a da adopción: Trátase de adoptar algunha desas mascotas que anteriormente foran abandonadas polos seus donos.

Por último, fagamos unha reflexión:

Ao abandonar á túa mascota, ¿qué mensaxe lle estás dando aos teus fillos e aos demais membros da familia?. Todos estos:

- A amizade, a fidelidade e a lealdade non valen nada.

- O respeto pola vida non ten importancia algunha.

- A responsabilidade é algo intrascendente.

- É mellor fuxir dos problemas que enfrentalos.

 

¿É ISTO O QUE QUERES QUE APRENDAN?

———————————————————————-

A campaña consiste na colocación, en distintos locais públicos da Vila dos Viaductos, de tenros e agarimosos animais de peluche, acompañados duns pasquíns nos que se dan consellos e se pide a reflexión do público.

Posted by in 12:40:00 | Permalink | Comments (3)