Friday, April 27, 2007

29 de Abril: Documentais sobre precariedade

O vindeiro domingo 29 de abril, antre a proximidade da celebración do 1º de maio, proxectaranse nos soportais do Concelho de Redondela ás 19 h unha serie de curtametraxes que abordan o tema da precariedade dende distintas ópticas e o surximento de loitas sociais en distintos lugares do mundo. O acto non conta coa colaboración do Concelho, quen rexeitou a petición dunha toma de corrente eléctrica.

Posted by in 09:48:16 | Permalink | No Comments »

Thursday, April 19, 2007

Agora falta humanizar a política

Posted by in 18:14:29 | Permalink | Comments (9)

Wednesday, April 11, 2007

¿Por qué AUTOVÍA NON?

Posted by in 23:04:15 | Permalink | No Comments »

Monday, April 2, 2007

Crónica e fotos da manifestación polo dereito a vivenda do 24 de marzo en Vigo

O pasado 24 de marzo, participamos na manifestación polo dereito social a vivenda, ao mesmo tempo que en ducias de cidades de todo o estado, celebrouse en Vigo convocada por Precarias en Loita. As duascentas persoas que nos xuntamos partimos a iso das cinco e media da Porta do Sol, cunha pancarta na cabeceira co lema “Contra a especulación, Construamos o dereito á vivenda”.

Durante o percorrido, acompañados dun ggrupo de gaitas e panderetas, berráronse lemas como “Ter un teito é un dereito”, “Casas sen xente, xente sen casas” ou “Contra a especulación, Dereito á vivenda”.

Ao final da manifestación construiuse unha urbanización precaria coas casas e chabolas de cartón que moitos dos participantes levabamos durante o transcurso da manifestación.

 

Texto lido ao final da manifestación:

Hoxe estamos eiquí para deambular polo espazo urbano, para atopalo noso lugar na busca de desexos subversivos de transformación.

Pretendemos urbanizar estas rúas (hoxe privatizadas e invadidas polos automoveis) coas nosas protestas e as únicas vivendas que podemos permitirnos, as máis axeitadas á nosa precariedade.

Traemos con nós as nosas casas de cartón, as nosas chabolas, Plegábeis, fáciles de montar, cómodas de transportar, acoplábleis a calquera superficie e o máis importante decoradas cos motivos da protesta!!!.

En RESUMO, vimos mostrar a solución definitiva, a única que nos deixa o apetito voraz das inmobiliarias e a corrupción desmedida das políticas.

NADA de quedarse ata os corenta anos na casa dos pais, nada de endeudarse con tres hipotecas ou máis durante cincuenta anos, NADA DE durmir nos caixeiros,

O último en alternativas para resistir ao desaloxo e á falta de Vivenda Digna!!!. Son as CHABOLAS PARA TODAS , animámosvos a todas a que montedes unha ao lado das inmobiliarias da vosa rúa, dos bancos, das casas de especuladoras, ou de políticas corruptas.

En definitiva temos que levarlle o noso problema as portas das culpábeis.

A vivenda deixou de ser xa un ben de uso e converteuse nunha simple mercadoría coa que se especula.

O modelo da cidade supedítase aos intereses especulativos inmobiliarios e as diferentes administracións públicas colaboran nisto de forma definitiva, coa escusa de que é o motor do crecemento económico, sen darse de conta de que a burbulla inmobiliaria ademais das graves consecuencias sociais que ten, pode explotar en calquera momento provocando unha gravísima crise económica.

Na nosa cidade as promotoras xa comezan a gañar menos que antes, mentras vivendas novas non atopan quén as compre.

Vigo non só é un bo exemplo da especulación pola súa realidade actual, os proxectos desarrollistas cos que nos ameazan nun futuro próximo son todavía peores, destaca o PXOM polo incremento insustentábel do seu volume, pretenden dobrar o espazo urbano actual a costa dos barrios máis rurais, e pese a que na actualidade hai 20.000 vivendas baleiras, outras 10.000 como segunda residencia e medio millar abandonadas sen máis, pero igualmente os plans de ampliación do Porto ou a furtura chegada do AVE, ademais de destruir o noso entorno de forma irreversíbel, traen aparellados monstruosos plans urbanizadores, tanto de vivendas como de centros comerciais.

Nós rebelámonos contra todo isto e reivindicamos a vivenda como dereito social fundamental. A participación da cidadanía na sociedade só se producirá coa capacidade real de exercer dereitos sociais, coma o da vivenda, o dos desprazamentos, o dos espazos públicos ou o dereito a ter a cidade que necesitamos e desexamos. Para isto debemos impedir as actuais políticas sobre o solo, de forma que non sexa posíbel a especulación e este desenvolvemento insostíbel.

Para conseguilo propoñemos estas medidas:

1. Limitación do prezo dos alugueres e do prezo dos pisos, de modo que non teñamos que pagar en ningún caso máis do 30% da nosa renda polo aluguer ou a hipoteca.

2. Anulación do PXOM en trámite, feito sen participación real da veciñanza e que só atende aos intereses de grandes multinacionais como Citroën ou de capitais especuladores inmobiliarios.
Paralización dos plans de crecemento urbano até que non sexa socialmente necesario a construción de novas vivendas.

3. Reforma de la “Ley de Arrendamientos Urbanos” (LAU) dado que nos opoñemos a: os aumentos ilimitados dos alugueres, a facilidade actual de desafiuzo por impago, etc.

4. Medidas que garantan a efectiva transparencia dos Rexistros da Propiedade, por exemplo, a obriga de informar a todas as partes implicadas na venda dunha leira ou dun piso.

5. A penalización dos inmóbeis baleiros, sen utilizar ou abandonados (mediante o aumento do IBI, a ameaza de expropiación ou a cesión forzosa) e a despenalización da okupación.

6. A prohibición de venda de solo público.

7. A tipificación das prácticas de acoso inmobiliario como vulneración do dereito á vivienda e a súa erradicación.

8. A paralización do Plan do Porto (aterramentos, etc) e a anulación de calquera agresión á ría e á costa.

9. O respecto á diversidade territorial de Vigo.e Protección das zonas rurais fronte ao crecemento urbano descontrolado.

10. Creación de verdadeiros espazos sociais públicos autoxestionados pola propia cidadanía.

Posted by in 23:04:14 | Permalink | No Comments »