Nova víctima da precariedade laboral
Este mércores asistimos unha vez máis ao falecemento dun traballador e tres compañeiros feridos, víctimas do terrorismo patronal e do sistema esclavista laboral que a clase traballadora sofre neste mundo globalizado.
Trátase dun mariñeiro indonesio falecido no porto de Marín, mentres se adicaba (xunco cos outros tres companheiros feridos) ás tarefas de limpeza dun tanque. Neste lugar, os bombeiros atopáronse con unha situación extrema de acceso, debido ás limitacións de espazo, así coma ó nauseabundo cheiro que emanaba, polo que incluso este servizo de rescate tivo que xogar a súa vida para rescatar ós accidentados (tiveron que entrar no tanque sen equipos de respiración autónoma).
Ao mesmo tempo que se producía a morte deste compañeiro obreiro, asistimos tamén coma os partidos políticos e as institucións daban o seu pésame público á familia ortiz e á familia real (polo grado de afinidade que lle toca), polo suposto suicidio da menor das irmáns, Erika.
Ningún membro político fixo referencia aos nosos compañeiros feridos e ao finado, mostrando unha vez máis a impasividade que estos individuos mostran pola nosa clase traballadora día a día.
Dende OAR, dámoslle o noso pésame aos familiares do mariñeiro falecido e esperamos a pronta recuperación dos tres feridos, e denunciamos públicamente os continuos accidentes laborais que se producen no noso país, froito dunha extrema situación de precariedade laboral.