Wednesday, February 28, 2007

04/03/07: Proxeccións de documentais sobre a vivenda no CS A Formiga

O domingo 4 ás 18.30 h, dentro da campaña “Construindo o dereito a vivenda” de Precarias en Loita, no C.S. A Formiga. vanse proxectar os documentais “A Cidade perdida” e “Un metro cadrado”. O primeiro deles trata sobre o Patrimonio arquitectónico esquecida na cidade de Vigo (Panificadora, a metalúrxica ou a Fábrica de Almacenaxe Santa Clara) e o segundo sobre as dificultades de acceso á vivenda, ás alternativas (okupación, volta ó rural, construcción ecolóxica, etc) e as protestas cidadás.

¿Como chegar ó CS A FORMIGA?

1. En autobús Redondela-Vigo, na parada da Formiga

2. En coche, en direccuión Redondela-Vigo, última subida á esquerda antes de chegar á entrada do Colexio Vigo.

Posted by at 23:52:20 | Permalink | No Comments »

Thursday, February 22, 2007

Pleno 22/02/07: URBASER

XOVES 22/02/07, ás 20:00h

PLENO NO CONCELLO

Os colectivos cívicos, Asociación Cultural Alén Nós, Asociación Cultural “O Fervedoiro”, Organización Activista de Redondela OAR, a Central Unitaria de Traballadores CUT, a Liga Veciñal de Redondela, o Foro Social pola Defensa do Pobo, GAS Vigo e responsables da web redondelá indiredo.com, en relación co proceso da nova adxudicación do Servizo Municipal da Recollida do Lixo a unha empresa privada, queremos manifestar que:

Hoxe xoves 22 de febreiro de 2007, ás 20:00 hs., no setimo punto da orde do día, o pleno municipal de Redondela deberá aprobar ou non, a futura Concesión do Servizo de Recollida do Lixo a unha empresa privada. A corporación dos 4 últimos anos, decidirá o futuro do servizo dos próximos 20 anos. Os veciños, forzosamente pagadores, non serán tidos en conta nin escuitados, terán a obriga de pagar, e a resignación de “calar”.


Que despois de 10 anos sufrindo un servizo público, precario da recollida do lixo, e despois dunha legislatura sen que se reuna a Comisión de Seguimento dos Servizos Privatizados, non entendemos nin compartimos que novamente o noso Concello pretenda adxudicar o servicio sen informar ós veciños, nin coñecer as demandas ou suxestións dos usuarios que o sufren a diario.


Despois de 10 anos de diversos incumprimentos dun servizo por parte dunha empresa privada, despois de 10 anos de ausencia de control e desinformación do funcionamento deste servizo (e doutros) sen convocar nin informar detalladamente a veciños e usuarios, por parte do noso Concello, non compartimos que se pretenda continuar co mesmo modelo de xestión, primando os adxudicatarios con 20 anos de concesión, e adxudicando o servicio por un importe (máis de 960.000 euros) para nada xustificado e contrastado cos usuarios.


Pensamos que co remate do contrato da actual concesionaria Urbaser, o pasado 1 de agosto, o noso Concello está máis preocupado por adxudicar o servizo sen máis, que en satisfacer as necesidades reais do servizo, as necesidades de Redondela.


Os usuarios dos servicios públicos privatizados de Redondela sentímonos desamparados pola administración local xa que non se nos informa, non se nos convoca, non se nos permite expresar nos órganos públicos de control dos servizos as nosas demandas, suxestións e denuncias de incumplimento reiterados dos pregos e obrigas das concesionarias, polo que nos resistimos a quedarnos mudos unha vez máis ante unha reiterada situación de indefensión dos veciños e usuarios, ante a administración local e a empresa concesionaria. Os veciños somos pagadores forzosos dun servizo no que non se ten en consideración as nosas demandas nin opinión. Xa que pagamos, queremos escoller. Polo que asistiremos a este pleno a manifestar o noso rexeitamento a unha nova privatizacióne e o noxento “modus operandi” desta nova adxudicación por parte do governo local.


Concluimos que adxudicar os servicios a empresas privadas, é un signo da incapacidade e incompetencia dos nosos xestores e representantes públicos, e funcionarios, para xestionar directamente uns servizos públicos en beneficio de todos, non só dunha empresa e un governo municipal.


Por todo o anteriomente exposto SOLICITAMOS dos membros da corporación a súa responsabilidade cos veciños e usuarios deste servizo, a suspensión temporal do Concurso de concesión, mentres non se realice un estudio independente e profundo do servicio de recollida do lixo, se faga coñecemento e exposición pública do estudio, se debata cos usuarios e colectivos afectados e se escoite as demandas e suxestións da cidadanía.

Posted by at 12:53:53 | Permalink | No Comments »

Friday, February 16, 2007

CONFERENCIA: Globalización e organización social como alternativa

XOVES 22/02/07

20:00h

Multiusos da Xunqueira (Redondela)
Participa: Carlos Taibo (Mestre de Ciencia Política na Universidade Autónoma de Madrid)
ORGANIZA: ALÉN NÓS

 

Carlos Taibo é mestre de Ciencia Política na Universidade Autónoma de Madrid, durante anos, director do programa de estudos rusos da Universidade Autónoma de Madrid. Autor de sete libros en galego como por exemplo “O castelo de fogos. Nove ensaios sobre o porvir da Europa do Leste” (Novo Século, Iria Flávia, 1991)”; “Un novo Terceiro Mundo?” (Ludus, A Coruña, 1999); o “Os movementos de resisténcia fronte á globalización capitalista” (Xerais, Vigo, 2005), e dunha vintena en español,entre outros os seguintes libros: “La Unión Soviética de Gorbachov” (Madrid, Fundamentos, 1989); “La Unión Soviética” (1917-1991) (Madrid, Síntesis, 1999, 2ª ed.); “Crisis y cambio en la Europa del Este” (Madrid, Alianza, 1995); “Las transiciones políticas en la Europa central y oriental” (Madrid, Los Libros de la Catarata, 1998); La explosión soviética (Madrid, Espasa, 2000); “La desintegración de Yugoslavia” (Madrid, Los Libros de la Catarata, 2000); “Cien preguntas sobre el nuevo desorden” (Madrid, Punto de Lectura, 2002); “Guerra entre barbaries. Hegemonía norteamericana, terrorismo de Estado y resistencias” (Madrid, Punto de Lectura, 2002), “Estados Unidos contra Iraq”" (Madrid, La Esfera, 2003); “¿Hacia dónde nos lleva Estados Unidos?” (Madrid, Ediciones B, 2004). Escrebe sobre política internacional no xornal El País, nos do grupo Vocento -antigo Grupo Correo-, Vanguardia, El Periódico de Cataluña, tamén é comentarista habitual na cadena SER. É colaborador de Bakeaz.
Posted by at 19:00:27 | Permalink | No Comments »

Friday, February 9, 2007

Minirecheo na enseada de San Simón

Operarios de U. FENOSA realizaron obras en a Portela para a instalación dun novo trasformador e un poste de dimesións medias. Na realización das obras, depositaron na ribeira, do que se coñece por “Lago dos Bébedos”, entullos e cascallos do poste sustituido e grandes pedras, procedentes das escavacións feitas para acoplar unha caseta prefabricada, do trasformador.O minirecheo está situado preto da vivenda número 9 ata a nº 21 da Portela.
Antes da curva, anterior a este conxunto de casas, hai unhas semanas operarios da empresa de telecomunicacións “R”, procedían a enterrar cable de conexión ó seu servizo, producindo vertidos de cascallos e anacos de asfalto, á Enseada de San Simón frente á casa do Patrón Maior da Cofraría de Pescadores “San Juan” de Redondela.
OAR quere denunciar o estado de agresión, trasformación, contaminación e vertidos incontrolados, non só no litoral redondelán, senón tamén nos rios e montes.
OAR entende, que intereses persoais e particulares, privan e privarán a comunidade redondelá do priviléxio de vivir a carón do mar, nun entorno natural envexabel, e privar ás xeracións novas e vindeiras, das posibilidades de emprego e explotación sostible e organizada dos recursos naturais e paisaxísticos, unha fonte inagotable de ingresos económicos, se se conserva ben cara o futuro.
OAR pronostica que de seguir ó actual ritmo de degradación ambiental as empresas conserverias e de venta e distribución de peixe, dependerán da materia prima de terceiros países e de menor calidade. Non se poderá empregar o reclamo publicitario e denominación “De las Rías”. Se xeralizaría a procedencia do peixe fresco de lugares distantes coma Irlanda, Kenia, Mozambique ou as piscifactorías. Mentres as consevas procederían de países remotos coma Chile, Perú, Mauritania, Marrocos e incluso paises asiáticos coma a República de China, co conseguinte impacto ambiental derivado do seu longo trasporte hacia os mercados europeos. Provocando tamén, o peche ou deslocalización das empresas e traballadores do sector pesqueiro nacional.
Máis fotos: 001 002 003 004 005
Actualizado 09/02/07:

 

 

Posted by at 11:17:30 | Permalink | No Comments »

Thursday, February 8, 2007

A HISTORIA 0.1: O movemento na palestina histórica

Charla Coloquio

C.S. A Formiga

Sábado 10 febreiro: A partires das 18.30h

Convoca: Fugaemrede - GAIM

 

Posted by at 12:47:23 | Permalink | No Comments »

Nova víctima da precariedade laboral

Este mércores asistimos unha vez máis ao falecemento dun traballador e tres compañeiros feridos, víctimas do terrorismo patronal e do sistema esclavista laboral que a clase traballadora sofre neste mundo globalizado.

Trátase dun mariñeiro indonesio falecido no porto de Marín, mentres se adicaba (xunco cos outros tres companheiros feridos) ás tarefas de limpeza dun tanque. Neste lugar, os bombeiros atopáronse con unha situación extrema de acceso, debido ás limitacións de espazo, así coma ó nauseabundo cheiro que emanaba, polo que incluso este servizo de rescate tivo que xogar a súa vida para rescatar ós accidentados (tiveron que entrar no tanque sen equipos de respiración autónoma).

Ao mesmo tempo que se producía a morte deste compañeiro obreiro, asistimos tamén coma os partidos políticos e as institucións daban o seu pésame público á familia ortiz e á familia real (polo grado de afinidade que lle toca), polo suposto suicidio da menor das irmáns, Erika.

Ningún membro político fixo referencia aos nosos compañeiros feridos e ao finado, mostrando unha vez máis a impasividade que estos individuos mostran pola nosa clase traballadora día a día.

Dende OAR, dámoslle o noso pésame aos familiares do mariñeiro falecido e esperamos a pronta recuperación dos tres feridos, e denunciamos públicamente os continuos accidentes laborais que se producen no noso país, froito dunha extrema situación de precariedade laboral.

Posted by at 00:46:45 | Permalink | No Comments »