E ben sabido que AUCOSA adícase a fabricar fariña de peixe e aceite, producindo unha elevada contaminación ambiental de alto risco para a saúde humana do que ninguén está a salvo.
AUCOSA xenera:
-
Emisións de gases compostos de Dióxido de Xofre, Monóxido de Carbono e Dióxido de Nitróxeno.
-
Verquidos ao mar de augas residuais industriais con alto contido de bacterias como as Coliformes e Estreptococos fecáis, así coma metais pesados.
-
Cheiros que non só afectan ao desenvolvimento da vida cotiá das persoas senón que constituen unha grave ameaza para a saúde porque están orixinados polas partículas dun composto químico, a Trimetilamina, que pode desencadear afeccións ao sistema respiratorio e a vista.
-
Ruidos e vibracións, por riba dos valores compatibles con zonas de vivendas.
Por estas razóns, e pola sua capacidade productiva, AUCOSA tivo que pasar un trámite legal obrigatorio de control sobr eo cumprimento das normativas medioambientais e urbanísticas vixentes.
Esta tramitación realizouse a finais do 2.007. Antón os veciños presentamos 430 alegacións demostrando tódolos incumprimentos desta empresa.
Incluso o Concello de Redondela emitiu un informe “en sentido desfavorable á concesión da autorización solicitada” baseandose no feito de que AUCOSA está situada nunha zona planeada para “industria limpa compatible con áreas residenciais polo seu escaso nivel de contaminación acústica, de fumes, gases, ou verquidos”. Condición que non cumpre porque, AUCOSA está clasificada como industria MOLESTA polos seus ruídos e fumes, INSALOBRE, pola composición dos gases e cheiros, NOXENTA polos verquidos ao mar en zona de baño, pesca e cría de marisco.
Ademáis AUCOSA atópase en terreos lindantes co espacio protexido da Enseada de San Simón, incluida pola Unión Europea na Rede Natura 2.000.
Pese a todo, a Xunta de Galicia concedeu a esta empresa a chamada Autorización Ambiental Integrada, en maio do 2.008. É decir, deulle autorización para seguir contaminando.
Contra esa decisión púxose un Recurso de Alzada que ainda non tivo contestación por parte da Consellería de Medio Ambiente.
Con este silencio administrativo, as autoridades e institucións que deben garantir os dereitos da cidadanía, dannos a entender que non temos nada que facer frente a decisións inxustas e ilegais coma esta.
Certamente xa temos esgotados os recursos administrativos, pero ainda existen medios con posibilidades legais para defender a saúde, o benestar e o patrimonio dos cidadáns afectados por esta actividade industrial contaminante.
Ninguén pon en dúbida a lexitimidade de AUCOSA, pero a súa actividade non debe atentar contra a saúde, o benestar e o patrimonio da cidadanía.
Hoxe en día, un aspectodo progreso social reside en compatibilizar as actividades productivas, coas necesidades vitales da persoas de xeito que cando os efectos dunha producción fabril son incompatibles cos núcleos urbanos, débese cumprir a lei transladando a fábrica a un polígono industrial.
Ademáis, a producción de AUCOSA non ten relación directa co mar, polo que non é necesario que estea no litoral.
Levamos moitos anos pedindo ao Concello de Redondela e a Xunta de Galicia que se cumpra a lei. Resultado desas paticións e grazas á mobilización veciñal tense paralizado en 2.004 os intentos de recheo e aumento de espazo para unha posible ampliación da fábrica.
Agora chegamos ao convencimento de que debemos dar un paso máis para intentar conseguir que AUCOSA sexa transladada a un polígono industrial.
Trátase de poñer un Recurso Contencioso-Administrativo para o cal se necesita a asistencia técnico-xurídica dun/ha avogad@ para poder tramitalo.
Por esta razón estamos a reacudar entre tódol@s veciños e veciñas un fondo económico necesario para sufragar os gastos que require este procedemento legal.
Co máximo respecto á decisión de cada quen, e por pequena que sexa a posibilidade de contribuir económicamente a esta causa colectiva, que busca xustiza, o que se nos ven negando noutras institucións, a Comisión Veciñal en colaboración coa Plataforma en Defensa da Enseada de San Simón, agradecemos toda solidariedade recibida.
En Redondela, primaveira do 2.009
PLATAFORMA EN DEFENSA DA ENSEADA DE SAN SIMÓN